No Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo no que presentou a conferencia de Manel Varcarce
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de presentar de xeito virtual a conferencia ‘TecnoloxÃa aplicada á xestión deportiva’ a cargo de Manel Varcarce enmarcada no Máster en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo.
Lete Lasa agradeceu ao profesor Patricio Sánchez a celebración un ano máis deste máster de gran importancia para o sector deportivo e destacou o currÃculo de Manel Varcarce subliñando a súa formación como doutor en Actividade FÃsica e Deporte, diplomado en Ciencias Empresariais e mestrado en Administración e Dirección do Deporte, ademais da súa brillante carreira profesional que converten a súa conferencia nunha “máis que interesante e frutÃfera sesión de traballo e aprendizaxe que se nos presenta a todos”.
Nas súas verbas, o secretario xeral destacou “o desenvolvemento do ecosistema tecnolóxico e dixital como parte das claves para o crecemento como paÃs e como sociedade”. Esta transición, dixo o mandatario galego, “debe dar prioridade á dimensión humana” e á “capacidade colectiva de transformar a economÃa e a sociedade para situalas nunha senda máis sostible”.
Lete Lasa apuntou a importancia de que, neste camiño, “deporte, actividade fÃsica e tecnoloxÃa poden e deben ir da man”, nomeadamente, pola capacidade do sector en servizo “á saúde e o benestar individual e colectivo e, como non, o seu papel igualmente relevante como sector destacado con achega especÃfica á economÃa e ao emprego”.
Neste sentido destacou o papel do deporte galego que “grazas a un traballo en rede e colaborativo” foi quen de implementar o manual FISICOVID- DXTGALEGO en máis de 70 protocolos de actuación nun tempo récord.