Inicio Galicia O secretario xeral para o Deporte esixe de novo ao CSD o...

O secretario xeral para o Deporte esixe de novo ao CSD o cumprimento das ?competencias en relación a competicións oficiais de ámbito estatal profesionais e non profesionais?

0

Tras a reunión mantida o pasado venres cos clubs de fútbol que militan en categoría nacional e na que estes expuxeron as súas dúbidas respecto á situación actual

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de enviar unha nova carta ao Consejo Superior de Deportes, na que insiste na necesidade da aclaración dos “termos nos que se desenvolverán algunhas competicións deportivas estatais na tempada 2020/2021”. Neste sentido, o mandatario galego volveu a solicitar o consenso ao redor dun “contexto o máis harmónico posible no territorio nacional” e esixiu unha vez máis ao Consejo o cunmprimento das “funcións, competencias e responsabilidades” en relación a competicións oficiais de ámbito estatal tanto profesionais como non profesionais.

Estas demandas realizadas polo máximo responsable autonómico en materia deportiva, realízanse tras a reunión mantida o pasado venres cos clubs de fútbol que militan en categoría nacional -Segunda B, Terceira, División de Honra Xuvenil (fútbol masculino), Primeira, Segunda e Primeira Nacional (fútbol feminino) e Primeira e Segunda (fútbol sala masculino e feminino)- e na que estes expuxeron as súas dúbidas respecto á situación actual e o regreso dos seus equipos á actividade deportiva.

No caso do fútbol autonómico, esta mesma semana será aprobado o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO da Real Federación Galega de Fútbol, elaborado pola propia federación en colaboración coa Xunta de Galicia e polo que se establecen as medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 no ámbito do deporte federado de Galicia. Este documento permitirá a volta a actividade deportiva do fútbol galego de ámbito autonómico. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre