Inicio Galicia O secretario xeral para o Deporte anima ao AMFIV na primeira vitoria...

O secretario xeral para o Deporte anima ao AMFIV na primeira vitoria do equipo olívico no comezo da Euroliga 3

0

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu hoxe ao debut do AMFIV na Copa de Europa Euroliga 3 que se disputa esta fin de semana no pavillón de Navia. Alí, o máximo responsable do Deporte galego animou o equipo olívico que acadou a súa primeira vitoria ante o London Titans no partido inaugural da competición e desexoulle sorte para os vindeiros compromisos.

Nas súas verbas, o mandatario galego expresou o seu desexo de que o AMFIV poida impoñerse aos equipos do Reino Unido, Italia, Austria, Israel e Turquía para volver a proclamarse campión de Europa dous anos despois. Para gañar a Copa, dixo, “contamos con tres factores dos que poucos equipos poden presumir: a calidade dos nosos xogadores de baloncesto en cadeira de rodas, o empuxe de Pablo Beiro, alí onde queira que estea, e por suposto os folgos dos seareiros galegos, que durante estes tres días non deixaremos de animar”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre