Inicio Galicia O secretario xeral de Educación subliña que os desdobres de aulas e...

O secretario xeral de Educación subliña que os desdobres de aulas e o reforzo de case 2.000 docentes garantiron unha volta ás aulas segura e sen incidencias

0

José Luis Mira explicou no Parlamento que a prioridade da Consellería foi recuperar o ensino presencial

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira, interveu esta mañá ante a Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia para dar conta do inicio do curso escolar, que cualificou de “normal” dentro do contexto covid no que nos atopamos.

Na súa intervención, Mira puxo en valor a implicación e o esforzo do conxunto da comunidade educativa -sobre todo dos equipos directivos, do profesorado, do alumnado e das propias familias- para unha volta ás aulas segura e coa recuperación do ensino presencial como máxima prioridade. De feito subliñou o intenso traballo de organización levado a cabo polos equipos directivos en coordinación cos servizos de inspección da Consellería nun inicio de curso “coas máximas garantías, que son as que temos que preservar”.

Así mesmo destacou o esforzo feito por parte do Goberno galego para atender as demandas dos centros educativos, especialmente no que atinxe ao reforzo do profesorado coa contratación de arredor de 2.000 novos profesores, o que supón un incremento do 6,2% sobre a plantilla; e o desdobramento de aulas para garantir o cumprimento das medidas de seguridade.

No que atinxe ao profesorado, Mira especificou que un total de 1.107 foron para as etapas de ESO, Bacharelato e FP (847 para atender as necesidades derivadas da covid e outros 260 para o incremento de oferta) e 240 para Infantil e Primaria, todos eles xa incorporados nos seus respectivos centros. A maiores hai que engadir os 543 de apoio a través do programa ARCO de reforzo educativo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre