Inicio Galicia O programa ?Radio na Biblio' de bibliotecas escolares prevé a incoporación de...

O programa ?Radio na Biblio' de bibliotecas escolares prevé a incoporación de 30 novos centros públicos este curso

0

A Xunta mantén aberta ata o venres esta convocatoria na que 80 centros tamén poderán solicitar a súa renovación para o presente curso


Ata o venres día 9 de outubro, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade mantén aberta a convocatoria para que un total de 30 centros públicos se incorporen neste curso 2020/21 ao programa Radio na Biblio, que ten como obxectivo impulsar a creación de emisoras ou laboratorios radiofónicos no contexto da biblioteca escolar.

Esta iniciativa enmárcase no Plan LÍA 2016/2020 de Bibliotecas Escolares, que conta entre os seus desafíos o de favorecer a alfabetización múltiple do alumnado a través da creación nas bibliotecas de espazos que funcionen como centros creativos de aprendizaxe. Neles debe traballarse con diferentes recursos e materiais que permitan traballar a expresión escrita e oral ou linguaxes como a radiofónica. Desde eles poderán desenvolverse proxectos colaborativos conectados con diferentes áreas do currículo escolar, vinculados á educación para as competencias en información e medios.

Neste sentido a posta en marcha dunha emisora de radio nun centro educativo proporciona múltiples oportunidades para o desenvolvemento das competencias clave a través de metodoloxías activas, así como para a alfabetización informacional. De feito, a experiencia dos 80 centros que xa participan en Radio na Biblio demostrou que a radio constitúe unha ferramenta pedagóxica de grande alcance que permite, ademais, darlle a coñecer ao resto da comunidade educativa os proxectos e traballos que se realizan no centro.

Ademais, a experiencia dun bo número de bibliotecas escolares vinculadas a este programa durante o período de cese de actividade presencial nos centros durante a primavera de 2020, por mor da covid-19, puxo de manifesto as posibilidades desta ferramenta para desenvolver actividades educativas a distancia, con capacidade para vincular ao alumnado ao ámbito educativo e para conectar á comunidade escolar arredor dunha proposta temática.

BeneficiariosPoderán participar na convocatoria os centros públicos de infantil, primaria, ESO, Bacharelato ou FP integrados no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE). A persoa responsable da biblioteca deberá coordinar e garantir a integración da iniciativa no centro. Os seleccionados recibirán ata 2.000 euros de fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio (incluíndo un obradoiro de formación). Para iso contarán co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería, que orientará o seu desenvolvemento e porá á súa disposición recursos e propostas.

Así mesmo, os 80 centros que xa participan en Radio na Biblio deberán solicitar, se así o desexan, a súa continuidade no programa. Neste caso, recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre