Inicio Galicia O Programa para a adquisición de vivenda por menores de 35 anos...

O Programa para a adquisición de vivenda por menores de 35 anos en municipios de menos de 5.000 habitantes recibe 213 solicitudes de axuda

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza que o prazo da terceira convocatoria de subvencións vén de rematar o 30 de setembro, polo que o Instituto Galego de Vivenda e Solo está a analizar as solicitudes presentadas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta mañá que o programa de axudas á adquisición de vivenda por menores de 35 anos en municipios con menos de 5.000 habitantes recibiu na súa última convocatoria un total de 213 solicitudes. Vázquez Mejuto recordou que o prazo de presentación de solicitudes da terceira, e presente convocatoria, rematou o pasado 30 de setembro, polo que na actualidade o Instituto Galego da Vivenda e Solo está a revisar a documentación presentada por cada solicitante co fin de conceder axudas polo importe total da convocatoria, 800.000 euros, sempre e cando se cumpran os requisitos marcados na orde.

A conselleira de Medio Ambiente visitou esta mañá a vivenda adquirida por unha parella beneficiaria dunha axuda deste programa posto en marcha pola Xunta de Galicia en 2018, polo que nas súas dúas primeiras convocatorias concedéronse 221 axudas por un importe de case 1,5 millóns de euros.

Nese sentido, destacou que o programa de axudas á adquisición de vivenda por menores de 35 anos en municipios con menos de 5.000 habitantes impulsado polo Goberno galego representa unha oportunidade para a recuperación e o impulso de 215 concellos rurais; pois non só se facilita a emancipación da mocidade galega, ábreselles unha fiestra para acceder a un vivenda para fogar, é dicir, lóitase contra o despoboamento do rural.

Aclarou que tamén se actúa no eido urbanístico e na recuperación do patrimonio xa que as vivendas adquiridas están, en certos casos, deshabitadas e en desuso e os novos propietarios daranlle uns novos coidados e executarán obras de mellora nas mesmas.

A conselleira defendeu que con este tipo de axudas se axuda aos concellos máis pequenos, se promove a recuperación do patrimonio, do xa construído, e se pon en valor as vilas galegas, ao tempo que se facilita o acceso das familias a unha vivenda. Lembrou que o IGVS tamén ten unha liña de axudas similar a estes, pero para adquirir inmobles nos conxuntos históricos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre