Inicio Galicia O programa integrado 'Poliemprego V' impulsa a mellora da empregabilidade dun cento...

O programa integrado 'Poliemprego V' impulsa a mellora da empregabilidade dun cento de alumnos

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe en San Cibrao das Viñas, aos alumnos que participan nesta iniciativa con motivo da entrega de premios nos concursos ao currículo excelente ao alumno máis participativo

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe en San Cibrao das Viñas (Ourense) aos alumnos do programa integrado Poliemprego V –impulsado pola Asociación de empresarios Polígono San Cibrao- con motivo da entrega dos premios dos concursos ao currículo excelente e ao alumno máis participativo.

Trátase dunha actividade desenvolvida no marco deste programa co obxectivo de motivar aos participantes e implicalos na busca activa de emprego. Un total de 100 alumnos participan en Poliemprego V, que se desenvolverá ata o 14 de novembro, e a iniciativa xa ten superado o seu obxectivo de inserción (fixado nun 45%). O programa integrado está permitindo ás persoas sen emprego participantes recibir formación de calidade para mellorar a súa empregabilidade. En concreto, estanse impartindo itinerarios relacionados con manipulador de alimentos, condución e manexo de carretillas elevadoras ou manexo de plataformas elevadoras.

O programa inclúe actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas.

Casal explicou que Galicia está desenvolvendo 40 programas integrados cun investimento de 10M€ para 4000 desempregados e desempregadas e o compromiso de acadar unha inserción do 35%. Ademais, insistiu na aposta pola formación que representa unha prioridade para a Xunta, ben para persoas ocupadas ou ben para desempregadas, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda Galicia.

Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade. Neste senso, destacou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre