Inicio Galicia O Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV pecha cunha inserción...

O Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV pecha cunha inserción laboral do 54% do alumnado

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, participou hoxe na clausura desta iniciativa que financiou o Goberno galego, en colaboración cos concellos de Dodro, Padrón e Rois, e na que participaron 85 desempregados

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe en Dodro na clausura do Programa Integrado de Emprego (PIE) Terras de Iria IV grazas ao que máis da metade dos seus participantes atoparon un emprego. En concreto, a iniciativa, que promoveu a Xunta coa colaboración dos concellos de Dodro, Rois e Padrón, alcanzou unha inserción laboral do 54% dos 85 alumnos e alumnas que se formaron no programa que foron principalmente menores de 30 anos, parados de longa duración, maiores de 45 anos e perceptores de prestacións.

Marnotes salientou o bo resultado desta actuación que ten como reto principal incrementar as oportunidades laborais dos desempregados a través da formación, o asesoramento e as prácticas en empresas da contorna. Neste senso, sinalou a aposta da Administración autonómica por plans que combinen formación e prácticas dando resposta a un modelo de formación dual e flexible para acadar un emprego de calidade.

Leer más:  Los trabajadores de Navantia Ferrol detienen la producción durante cuatro horas

Na actualidade estanse poñendo en marcha en toda Galicia 48 programas integrados para apoiar a 4800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades e cun investimento de 11 millóns de euros, a Xunta sigue apostando pola colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

No conxunto da provincia da Coruña, a Xunta vai desenvolver, nesta nova convocatoria, un total de nove programas integrados grazas a un investimento que supera os 1,7 millóns e chegarán a 900 desempregados. Así, coa participación de 20 concellos, a Xunta sigue potenciando a colaboración con concellos e entidades para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

Nesta edición do programa priorizouse por primeira vez aos Concellos Emprendedores, os que forman parte do convenio que a Xunta asinou coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para impulsar en Galicia o desenvolvemento de novos proxectos industriais. Tamén se concederon programas integrados específicos para mulleres e se primou a aqueles proxectos nos que se implicou o tecido empresarial de cada zona, co obxectivo de que os programas se centren nas demandas laborais de cada comarca, e a aqueles plans de xestión compartida para incentivar os procesos de fusión municipal.

Leer más:  'Contra vento e marea' es una oda a la superación creada por Rebeliom do Inframundo y Fillas de Cassandra

Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade. Neste senso, destacou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego.


- Te recomendamos -