Inicio Galicia O programa integrado da Xunta 'Impulsa Emprego ? A Laracha' mellora as...

O programa integrado da Xunta 'Impulsa Emprego ? A Laracha' mellora as competencias profesionais de 100 persoas desempregadas

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe na Laracha, aos alumnos que participan nesta iniciativa

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe na Laracha aos participantes do Programa Integrado de Emprego Impulsa Emprego-A Laracha. A iniciativa permitirá que un cento de persoas sen emprego reciban formación de calidade para facilitar a súa inserción sociolaboral. En concreto, estanse impartindo itinerarios relacionados con almacéns e loxística; produción, fabricación e montaxe en cadea; administración e servizos; contabilidade e fiscalidade; e novas tecnoloxías.

O programa integrado de emprego inclúe actividades de orientación e asesoramento individualizado, intermediación laboral e acompañamento na procura de emprego, obradoiros de motivación, así como formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas. O obxectivo adquirido de inserción laboral mínima para esta iniciativa, que inclúe un programa formativo adaptado á demanda das empresas da contorna, é dun 45%.

Casal explicou que Galicia está desenvolvendo 40 programas integrados cun investimento de 10M€ para 4000 desempregados e desempregadas e o compromiso de acadar unha inserción do 35%. Ademais, insistiu na aposta pola formación que representa unha prioridade para a Xunta, ben para persoas ocupadas ou ben para desempregadas, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda Galicia.

Para rematar, o director xeral salientou a importancia de adaptar as cualificacións aos perfís profesionais que precisan as empresas para competir, crecer e xerar emprego de calidade. Neste senso, destacou a cooperación entre a Xunta, concellos e entidades para acadar o máximo proveito dos programas integrados de emprego.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre