Inicio Galicia O programa integrado da Fundación Xoán XXIII impulsará a empregabilidade de 100...

O programa integrado da Fundación Xoán XXIII impulsará a empregabilidade de 100 persoas desempregadas con discapacidade

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe as instalacións desta entidade

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou hoxe en Pontevedra as instalacións da Fundación para a discapacidade e emprego Xoán XXIII onde se está a desenvolver un programa integrado de emprego dirixido a cen participantes con discapacidade en situación de desemprego.

A celebración desta iniciativa, que xa leva tres edicións, está permitindo chegar a 285 persoas cun apoio de 675.000 euros. O programa abrangue formación certificable en actividades auxiliares de almacén, limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais e operacións básicas de restaurante e bar. Esta formación complementarase con coñecementos básicos de carácter transversal (como novas tecnoloxías ou idiomas), ademais de orientación laboral, prospección de empresas ou medidas de conciliación. Ademais está prevista a celebración de eventos de networking sectoriais e xornadas técnicas. O obxectivo de inserción previsto é do 38%.

Nova convocatoriaO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a apertura do prazo de solicitudes para a nova convocatoria dos Programas Integrados de Emprego 2020-2021 dirixido tanto a concellos como a entidades para a mellora da ocupabilidade e inserción laboral de persoas desempregadas.

Nesta edición destinaranse un total de 8,4 M€ co obxectivo de apoiar ao redor dunha trintena de programas que poidan beneficiar a 3300 persoas. Casal explicou que Galicia está desenvolvendo, nestes momentos, un total de 46 programas integrados cun investimento de máis de 10,5 M€ para 4600 desempregados e desempregadas e o compromiso de acadar unha inserción do 35%. Ademais, insistiu na aposta pola formación que representa unha prioridade para a Xunta, ben para persoas ocupadas ou ben para desempregadas, co obxectivo de crear máis e mellor emprego para toda a Comunidade e de contar cunha Galicia máis preparada, obxectivo ao que se prevé destinar, durante este ano 2020, máis de 260 M€.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre