Inicio Galicia O programa de visitas guiadas 'Coñece Vigo', con nove rutas que afondan...

O programa de visitas guiadas 'Coñece Vigo', con nove rutas que afondan na historia da cidade, alcanza as 5.000 solicitudes

0

O éxito da iniciativa é tal que moitos dos itinerarios completaron as prazas en tan só dez días, sendo O Teu Porto e Os Nomes de Vigo os máis solicitados


A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, celebrou hoxe o éxito de Coñece Vigo, o programa de visitas guiadas con nove rutas que afondan na historia, a cultura, a economía e o patrimonio cultural da cidade.

Segundo dixo, a aceptación da iniciativa, ideada polo Goberno galego en colaboración coa Autoridade Portuaria, por parte dos vigueses é tal que en tan só dez días recibíronse 5.000 solicitudes e moitos dos itinerarios están xa completos. Ata o de agora, unhas 500 persoas participaron xa no programa.

En canto ás rutas que están xerando maior expectación, a representante autonómica citou a do Teu Porto e Os Nomes de Vigo, ambas moi solicitadas polos centros educativos e asociacións da cidade.

Xa respecto ás rutas do Vigo Castrexo e Vigo Romano, anunciou que se reformularon mantendo a súa filosofía de orixe tras decidir o Concello de Vigo anular as reservas que estaban feitas en tempo e forma, e incorporando o Museo do Mar de Galicia.

A programación inclúe así nove rutas, guiadas e de balde, pensadas para os vigueses aínda que abertas a toda a sociedade, especialmente ás asociacións, colectivos sociais e centros educativos. Xiran entorno ás orixes de Vigo, os homes e mulleres que fixeron onte o Vigo que é hoxe e os espazos a través dos que entender a identidade viguesa, entre outras.

En todas os cuestionarios de satisfacción a resposta do público é moi satisfactoria, con notas moi altas. A programación está a disposición dos cidadáns na páxina web de Turismo de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre