Inicio Galicia O programa Club de ciencia chega a 119 centros este curso, 30...

O programa Club de ciencia chega a 119 centros este curso, 30 deles de nova incorporación

0

Carmen Pomar subliñou que esta acción -que forma parte do conxunto de iniciativas postas en marcha polo seu departamento ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020- ten como obxectivo fomentar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre os estudantes

Un total de 119 centros educativos públicos de toda Galicia (30 de nova incorporación este ano) desenvolverán durante o presente curso 2019/20 o ‘Club de ciencia’, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.

Así o anunciou hoxe a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar durante unha visita ao IES Luís Seoane (Pontevedra), un dos institutos que se suma por primeira vez a esta iniciativa. A conselleira estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

Pomar subliñou que o obxectivo é fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas científica, tecnolóxica e matemática; ao tempo que contribuír a rachar coa fenda de xénero neste eido, unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.

A conselleira lembrou que os ‘Club de Ciencia’, forman parte dun paquete de medidas impulsadas pola Consellería ao abeiro da Estratexia Galega para a educación dixital, Edudixital 2020, e que supoñen un investimento de 1 millón de euros.

Neste escenario estanse desenvolvendo iniciativas como a implantación do Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxías, o STEMbach (con 560 alumnos -294 alumnas e 266 alumnos- de 31 centros), os Espazos Maker (implantado en 20 centros), o campamento científico-tecnolóxico en inglés (STEMweek), a Semana STEM (que se está desenvolvendo nestes días), ou a ampliación de Robótica en Primaria (con kits que chegan xa a 178 centros públicos durante este curso).

Datos por provinciasPor provincias, os ‘Club de Ciencia’ desenvolverase en 55 centros da provincia da Coruña (12 de nova incorporación), 13 de Lugo (3 de nova incorporación), outros 13 de Ourense (4 de nova incorporación) e 38 de Pontevedra (11 de nova incorporación), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no Portal educativo.

Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.250 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.

Este é o cuarto ano consecutivo no que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 con 9 centros, un número que se foi incrementando desde entón. Agora, ao abeiro da convocatoria deste ano, incorpóranse outros 30 novos centros ao ‘Club de ciencia’, o que fai un total de 119 centros de ensino público.

Aprendizaxe mediante indagación e resolución de problemasO ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas.

O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes, comezando a partir da concesión definitiva do proxecto, ata final do período lectivo do alumnado durante o presente curso.

Listaxe de centros con `Club de Ciencia´ Provincia da Coruña: Centro

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre