Inicio Galicia O programa Carné Xove da Xunta de Galicia suma a adhesión do...

O programa Carné Xove da Xunta de Galicia suma a adhesión do concello de Arbo

0

Ofrecerá un desconto do 50% no acceso ás instalacións da piscina municipal aos titulares desta tarxeta


As mozas e mozos que sexan usuarios da piscina municipal de Arbo e dispoñan do Carné Xove terán un desconto do 50% no acceso a esta instalación. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e este concello pontevedrés asinaron hoxe o compromiso de adhesión a este programa.

O Concello de Arbo é a última incorporación a un programa ao que tamén se sumou este ano a Federación de Libreiros de Galicia; os centros Adams da Coruña, Ourense e Santiago de Compostela ou o Centro Británico de Idiomas de Santiago de Compostela e Milladoiro.

O Carné Xove é unha tarxeta persoal e intransferible á disposición das persoas de entre 12 e 30 anos coa que se obteñen descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos a esta iniciativa.

A día de hoxe, son preto de 40.000 as rapazas e rapaces que desfrutan dos beneficios deste programa en Galicia. Estes poden acceder a descontos e outras vantaxes en servizos e produtos dos establecementos adheridos a este programa, os cales pertencen a diferentes ámbitos: o cultural, do lecer, da mobilidade e da formación, entre outros. Ademais, o Carné Xove leva incorporado un seguro gratuíto para cubrir as continxencias que poidan xurdir nas viaxes que fagan os seus titulares.

Cómpre lembrar que as mozas e mozos que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33 % terán dereito á expedición gratuíta deste carné, así como as persoas vítimas de violencia de xénero e as súas fillas e fillos. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre