Inicio Galicia O primeiro torneo autonómico do videoxogo League of Legends comeza no espazo...

O primeiro torneo autonómico do videoxogo League of Legends comeza no espazo xove de Lalín

0

Nesta fase participan catro equipos formados por cinco persoas cada un

O Espazo xove de Lalín acolle hoxe a primeira competición dentro torneo autonómico do videoxogo League of Legends (LOL). A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acudiu á celebración desta fase do campionato na que participan catro equipos formados por cinco persoas cada un. A Xunta de Galicia procura con esta iniciativa promover o coñecemento, a formación e o ocio ao redor dos videoxogos. Este proxecto pioneiro en Galicia, que está destinado a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, terá lugar nos 12 Espazos Xoves xestionados pola Administración autonómica, co fin de favorecer a participación da xuventude da zona e da contorna próxima. Así, esta fin de semana, ademais da sesión celebrada en Lalín, tamén se celebrará outra en Noia, que terá lugar o sábado.

Da capital dezá clasificaranse para a final dous dos catro equipos participantes, mentres que da localidade coruñesa será tan só un. Cada equipo está conformado por cinco mozos/as, dos cales unha persoa actúa como capitán. Cómpre indicar que antes do inicio de cada unha das competicións organizarase unha dinámica formativa centrada no coñecemento e uso responsable dos videoxogos. Tras esta fase inicial nos diferentes Espazos Xove, os 16 equipos clasificados participarán nunha fase final, cuxa data e lugar de celebración será determinado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. En todo caso, esta última fase terá lugar en fin de semana e os gastos de manutención e aloxamento correrán a cargo da Xunta de Galicia. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre