O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, participou na presentación da edición bilingüe galego-inglés, que conta co apoio da Xunta
O secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, ValentÃn GarcÃa, participou esta mañá no Centro Social do Mar de Bueu na presentación do primeiro volume dos Cadernos FICBUEU: A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes (1956-1965), de Severiano Casalderrey. Trátase dun volume con edición bilingüe en galego e inglés que conta co apoio da Xunta de Galicia.
No acto, o representante da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Universidade, saudou a creación dos Cadernos do FICBUEU e mostrouse satisfeito de que poidan saÃr á luz grazas á colaboración do Goberno galego, de xeito “que o traballo de documentación e de escolma que se fai para o Festival permaneza no tempo e poida contribuÃr á formación en galego das novas xeracións que queiran achegarse á sétima arte”. Por outra banda, o secretario xeral loou a capacidade do autor para “escribir un traballo que é, ao mesmo tempo, ameno, claro e rigoroso”.
Xunto con el participaron na presentación de A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes (1956-1965) Manuel Pena, director do FICBUEU, e Severiano Soutullo, subdirector e autor da publicación.
No 60 aniversario da ‘Nouvelle Vague’O volume A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes (1956-1965), da autorÃa do subdirector do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), Severiano Casalderrey, é o primeiro número dos Cadernos FICBUEU. Nel recompÃlase o traballo de selección e de investigación realizado para a Sección Retrospectiva, unha das novidades da 12ª edición do dito festival, recentemente celebrada, mediante a que se lles quere dar protagonismo a obras de difÃcil acceso para o público pero con grande valor histórico no desenvolvemento do cinema e do formato curtametraxe.
Nesta ocasión, os cadernos, que se publican en edición bilingüe galego-inglés, analizan unha das correntes cinematográficas máis coñecidas da historia, a Nouvelle Vague francesa, que presentou e consolidou as súas primeiras longametraxes hai 60 anos, cando Truffaut foi galardoado co premio ao mellor director do Festival de Cine de Cans por Les 400 coups. Con todo, o traballo de Severiano Casalderrey céntrase na produción de curtametraxes de directores desta corrente (Ãric Romer, Jacques Rivette, Jean-Luc Godard, François Truffaut…), un precedente indispensable para entender a produción posterior destes autores e un dos aspectos menos explorados da Nouvelle Vague.