Inicio Galicia O presidente de Portos de Galicia mantén unha reunión de traballo para...

O presidente de Portos de Galicia mantén unha reunión de traballo para avanzar na reordenación do peirao de Arcade

0


O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, mantivo unha reunión de traballo co alcalde de Soutomaior e o patrón maior de Arcade para avanzar no proxecto de reordenación do peirao, que permitirá ampliar o número de prazas para o sector profesional da localidade. Á reunión asistiu tamén o secretario da Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra.

Durante o encontro o responsable de Portos de Galicia informou de que o seu departamento está a avanzar nos trámites administrativos previos para os traballos de reordenación do peirao de Arcade. Neste sentido trasladou que actualmente atópase en tramitación ambiental ao tratarse dunha zona cualificada como Rede Natura.

Estas obras permitirán dispoñer ao sector profesional de Arcade de arredor dunha vintena de novas prazas de amarre que darían cabida ao conxunto da flota que opera neste porto. A estimación económica do proxecto é de 30.000 euros.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre