O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe na V Gala solidaria do Grupo Hotusa en favor da Asociación Española de Lucha contra el Cáncer (AECC), onde salientou o importante avance na Sanidade Pública galega nos últimos tempos, algo que exemplificou nos programas autonómicos de detección precoz de cancro de mama e de cancro colorrectal.