Inicio Galicia O presidente da Xunta eloxia o gran mérito dos medios de comunicación...

O presidente da Xunta eloxia o gran mérito dos medios de comunicación para crear comunidade e elaborar lugares virtuais de encontro

0

Recorda que os medios galegos forman parte desa Galicia que define o seu camiño sendo fiel a si mesma e mantendo sempre ese vencello profundo entre os galegos

Lugo, 18 de abril de 2018.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, eloxiou hoxe o gran mérito dos medios de comunicación para crear comunidade e elaborar todos os días lugares virtuais de encontro. “A boa comunicación non parcela, non divide, senón que agrupa e elabora todos os días lugares virtuais de encontro”, aseverou, recordando que os medios galegos forman parte desa Galicia que define o seu camiño sendo fiel a si mesma e mantendo sempre ese vencello profundo entre os galegos.

Durante a celebración da XXV edición do premio xornalístico Puro Cora, Feijóo afirmou que o valor do bo periodismo, “e da boa política”, consiste precisamente en informar e actuar, en cumprir coa súa misión, arriscándose a equivocarse e estando dispostos a rectificar. “Nin o fariseo que acusa aos demais, nin o Pilatos que se lava as mans son modelos axeitados para unha sociedade en marcha”, dixo, incidindo en que nin a democracia representativa nin o periodismo están vacinados contra os erros.

Leer más:  Primeras matrículas universitarias gratis en Galicia, primera promesa electoral de Rueda en campaña

Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo galego referiuse á traxectoria de El Progreso, recordando que entre as herdanzas intanxibles que recibe cada lugués, cada galego, está a confianza neste medio de comunicación, no que tamén confiaron as xeracións pasadas.

Nesta liña, asegurou que cada edición é un acto de emprendemento; “cada nova que se publica é resultado da loita pacífica cunha realidade cambiante que necesita ser divulgada e interpretada con toda a súa complexidade”.

O presidente da Xunta concluíu destacando o equilibrio, a obxectividade e a moderación que caracterizan o premiado Manuel Campo Vidal, moderador de tantos debates presidenciais que están xa na nosa historia recente da democracia española. Ademais do seu labor como presidente da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión de España, como directivo dunha produtora e como profesor. “Grazas pola túa traxectoria e polo teu compromiso co xornalismo”, incidiu. 


- Te recomendamos -