Inicio Galicia O posto de mando avanzado da Delegación territorial de Ourense analiza as...

O posto de mando avanzado da Delegación territorial de Ourense analiza as accións que a Xunta está a desenvolver durante a crise sanitaria do coronavirus

0

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, presidiu a reunión semanal deste equipo cuxo obxectivo é a coordinación entre concellos e Goberno galego na loita contra o COVID-19


A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, presidiu hoxe a reunión semanal do Posto de Mando Avanzado (PMA) na delegación territorial de Ourense para coordinar as accións que o Goberno galego está a desenvolver na provincia durante o estado de alarma polo coronavirus. Esta reunión de coordinación realízase de modo presencial e telemática, a través de videoconferencia, para respectar a distancia social.

Na xuntanza, na que participan os representantes das xefaturas territoriais e de emerxencias, coñeceuse que desde que comezou o estado de alarma a Xunta leva entregado case 835.000 unidades de protección individual aos concellos, incluído o da cidade, e centros sociais da provincia ourensá.

Esta semana a Administración autonómica vai realizar novos envíos de material aos municipios da provincia de Ourense que, sumados aos efectuados anteriormente, fan un total de 12 entregas, ademais das cinco achegas á cidade, a través das que se repartirán máis de 407.000 unidades de protección individual, das que 72.500 se destinan á capital da provincia. O obxectivo é que os concellos poidan atender ao persoal que segue desenvolvendo funcións esenciais nos distintos servizos municipais, fundamentalmente Protección Civil, Policía Local e Servizo de Atención ao Fogar (SAF).

Concretamente, as partidas enviadas esta semana aos municipios ourensáns intégranse por 17.700 luvas (4.000 para a cidade), 50.700 mascarillas (15.300 destinadas á cidade), 434 traxes (66 para a cidade), 307 pantallas faciais (30 correspondentes á cidade) e 618 batas doadas por Inditex (50 destinadas á cidade). Ademais, tamén se distribuíron 277 botes de 500 ml de xel hidroalcoolico.

Os envíos desta semana inclúen material doado pola Deputación ourensá que respondeu á solicitude realizada polo Posto de Mando Avanzado (PMA) de Ourense co obxectivo colaborar co Goberno autonómico na atención das necesidades dos concellos ourensáns durante esta pandemia. A doazón incluíu mascarillas, guantes e desinfectante.

A delegada territorial trasladou que o Goberno galego tamén efectuará esta semana un novo envío aos centros sociais da provincia, que constitúe o sexto, e que repartirá 120.715 unidades de protección individual entre 113 entidades, das que 82 son residencias de maiores, 16 pertencen á area da discapacidade, sete traballan no ámbito da inclusión, seis son centros de menores, e os dous restantes traballan no sector da Igualdade e da Xuventude. Nesta achega inclúense 60.100 luvas, 47.685 mascarillas, 1.784 batas, 2011 mandís, 3.300 gorros, 5.000 calzas, 33 pantallas faciais e 2.612 batas doadas por Inditex. Tamén se distribuíron 516 botes de 500 ml de xel hidroalcoolico e 92 garrafas de 5 litros de desinfectante. Resposta transversal ás necesidadesLogo de coñecer a situación actual sanitaria e das residencias de maiores da provincia, Díaz Mouteira avaliou co seu equipo a resposta ofrecida polos departamentos autonómicos ante as diferentes necesidades que xorden pola crise do coronavirus. Así, analizáronse as medidas que o Goberno galego está a adoptar para favorecer a reactivación económica de distintos sectores como o comercial, industrial, turístico e cultural.

A representante da Administración autonómica subliñou o gran labor que durante a pandemia están a facer os voluntarios de Protección Civil, xunto coa cooperación dos bombeiros forestais e axentes medioambientais.

Durante a xuntanza do PMA repasáronse tramitacións das obras públicas retomadas como a licitación de proxectos ou o reinicio de traballos paralizados co estado de alarma. Asemade déronse conta da reactivación progresiva das Ordes de axudas económicas das distintas Consellerías.

No eido económico, na xefatura territorial de Economía Emprego e Industria se teñen resolto a día de hoxe o 95,4 por cento do total de ERTES presentados nesta provincia e que afectan a 16.096 traballadores.

A delegada territorial agradeceu o compromiso das cadeas de distribución alimentaria que se adheriron á rede Mercaproximidade para dar saída aos produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da actual situación.

Por último, Díaz Mouteira trasladou o acordo adoptado onte polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop), de dar por retomada a actividade da pesca fluvial, sempre que se adopten todas as medidas de protección individual e se respecten todos os parámetros para a realización da actividade física ao aire libre, sobre todo no relativo ás limitacións impostas acerca dos desprazamentos e lugares permitidos, os requisitos para evitar o contaxio e as franxas horarias permitidas. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre