Inicio Galicia O Plan de vivenda 2018-2021 comezará a aplicarse en Galicia esta mesma...

O Plan de vivenda 2018-2021 comezará a aplicarse en Galicia esta mesma semana, coa convocatoria no DOG das axudas ao alugueiro

0

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo informou no Parlamento da aplicación desta planificación


Galicia comezará a aplicar o Plan de Vivenda 2018-2021 esta mesma semana coa publicación no Diario Oficial de Galicia da Orde que regula as axudas ao alugueiro e pola que se realiza a convocatoria de 2018. Así o avanzou no Parlamento de Galicia o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García, salientou que esta é a mellor proba da dilixencia da Xunta, unha vez aprobado o Plan de vivenda, xa que a primeira convocatoria de axudas se realiza antes incluso da sinatura do convenio co ministerio de Fomento.

A convocatoria de axudas ao alugueiro para 2018, que foi aprobada a semana pasada polo Consello da Xunta, contará cun orzamento de 14,8 millóns de euros e terá carácter retroactivo, pagándose as axudas dende o 1 de xaneiro de 2018 ou dende a data de efectos económicos do contrato naqueles asinados con posterioridade.

No seu conxunto, o Plan de Vivenda 2018-2021 destina a Galicia case 107 millóns de euros, dos que a Xunta achegará preto de 25 millóns de euros.

Segundo indicou o director xeral do IGVS, o plan ten dous grandes obxectivos, que son contribuír ao incremento do parque de vivendas en alugueiro e fomentar a rehabilitación e rexeneración urbana e rural, polo que a distribución dos fondos do mesmo se realiza da seguinte maneira:• O 60,12% dos fondos do plan destínanse á rehabilitación (64.279.300 euros) tanto illada como en areas de rehabilitación.• O 30% dos fondos do plan destínanse a programas de alugueiro: axudas a inquilinos (dirixidas a toda a poboación) e á promoción de vivendas para alugueiro (30.072.600 euros)• Preto dun 10% vai para axudas ao alugueiro e á adquisición de vivenda, pero especificamente para menores de 35 anos. (10.574.400 euros).

Prevese que as axudas do plan de vivenda xeren un investimento privado adicional de arredor de 150 millóns de euros, polo que o impacto económico do plan en Galicia será de entorno a 257 millóns de euros, beneficiando a 19.000 familias galegas e facilitando a creación de arredor de 11.000 postos de traballo.

Leer más:  Se aprueba la gratuidad de las primeras matrículas universitarias, la primera promesa electoral de Rueda durante su campaña

Oito programasA Xunta de Galicia xestionará a través de oito programas os preto de 107 millóns de euros do plan de vivenda. Catro programas estarán destinados ao alugueiro (dous de axudas a inquilinos e outros dous de incentivos á promoción de vivendas para alugueiro), un programa estará dedicado á adquisición de vivendas por parte de menores de 35 anos e tres programas dedicaranse á rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas.

Os oito programas do plan de vivenda, e as súas características básicas, son os seguintes:1.- Axudas ao alugueiro de vivendas. As bases e convocatoria deste programa xa están aprobadas e serán publicadas no Diario Oficial de Galicia o próximo xoves día 28.

A convocatoria de 2018 ten unha contía de 14,8 millóns de euros para as anualidades de 2018 a 2021 e beneficiará a preto de 5.000 familias durante un período de tres anos.

As axudas para o alugueiro teñen dúas liñas, unha dirixida a todos os cidadáns que cumpran os requisitos e outra destinada exclusivamente a menores de 35 anos, sempre que cumpran as condicións establecidasO importe da axuda será o 40 % con carácter xeral e o 50% para maiores de 65 anos e menores de 35 anos (que soliciten a axuda destinada o colectivo de mozos).2.- Axudas ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual.

Dirixidas a arrendatarios ou propietarios afectados por un desafiuzamento ou lanzamento da vivenda habitual, derivado do non pagamento do alugueiro ou da hipoteca.

Este programa require da a sinatura dun convenio marco entre o Ministerio de Fomento con entidades financeiras para crear un fondo de vivendas de alugueiro social. Os beneficiarios recibirán axuda para o alugueiro dunha vivenda por importe do 100 por cento da renda mensual.

Ademais, a comunidade autónoma para os casos de desafiuzamentos derivados de non pagamentos de rendas de contratos de alugamento, dispón do Programa de bono de alugueiro social, cunha convocatoria realizada no pasado mes de xaneiroEste programa está dotado con 1,6 millóns de euros.3.- Fomento do parque de vivendas en alugamentoO obxectivo é promover o incremento do parque de vivenda en alugamento, mediante axudas para financiar a construción ou rehabilitación de vivendas que se destinarán ao alugamento durante un mínimo de 25 anos. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, as empresas públicas e privadas, as fundacións, as empresas de economía social, as cooperativas de autoconstrución, etc.

Leer más:  El alcalde de Rois (A Coruña) sugiere que el fuego fue intencional: "Casi todos los años se repite en la misma área"

As axudas deste programa consisten en axudas directas á persoa promotora en función da superficie útil das vivendas.

As vivendas deberán destinarse ao alugueiro por persoas con ingresos limitados. As axudas serán diferentes segundo o prazo de alugueiro das vivendas.

A renda do alugueiro estará limitase a un máximo por metro cadrado de superficie útil.

Este programa está dotado con 5,78 millóns de euros.4.- Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade.

O obxectivo é promover o incremento do parque de vivenda en alugamento para persoas maiores de 65 anos e persoas con discapacidade, xunto coas instalacións e servizos comúns necesarios para ser explotadas en réxime de alugamento, mediante axudas para financiar a construción, rehabilitación ou reanudación no caso de que estiveran as obras paralizadas destes de edificios de vivendas que se destinarán ao alugamento durante un mínimo de 40 anos.

As axudas deste programa consisten en axudas directas á persoa promotora en función da superficie útil das vivendas.

As persoas beneficiarias dos contratos de alugamento deberán ser maiores de 65 anos ou persoas con discapacidade cuns ingresos que non superen o límite que se determine, que non dispoñan de vivenda propia e non teñan un patrimonio superior ao importe que se indique na convocatoria.

A renda de alugueiro estará limitada a un importe máximo por metro cadrado de superficie útil.

Leer más:  (AM.) Rueda sitúa bajo su dirección a los delegados territoriales y renueva los de A Coruña y Ourense

Este programa está dotado con 4,79 millóns de euros.5.- Axuda aos mozos para adquisición de vivendaOs menores de 35 anos que adquiran vivenda habitual e permanente en concellos de menos de 5.000 habitantes disporán dunha axuda para a mesma.

O límite máximo de ingresos será limitado con carácter xeral e para familias numerosas ou con discapacitados, segundo a categoría da familia numerosa e o grado de discapacidade.

Este programa está dotado con 6 millóns de euros.6.- Fomento da eficiencia enerxética e sostibilidade.

Axudas a propietarios e comunidades de propietarios de vivenda para a mellora da eficiencia enerxética e da sostibilidade tanto, das vivendas como dos edificios de vivendas, aplicable a vivendas unifamiliares e edificios residenciais colectivos, tanto no ámbito rural como no urbano.

Este programa está dotado con 11,12 millóns de euros.7.- Fomento da conservación, mellora da seguridade da utilización e da accesibilidade.

Axudas para o financiamento de obras para a conservación, mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade das vivendas, tanto en edificios de tipoloxía residencial colectiva, en vivendas dentro dun edificio colectivo, como en vivendas unifamiliares tanto no ámbito rural como no urbano.

Dirixidas a propietarios, comunidades, cooperativas, ás empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios, as empresas de servizos enerxéticos, etc.

Este programa está dotado con 15,74 millóns de euros.8.- Rexeneración e renovación urbanas, aplicables a edificacións colectivas ou vivendas illadas.

Axudas destinadas ao financiamento de actuacións de rehabilitación en vivendas e edificios de vivendas, así como actuacións en espazos públicos do ámbito no que se actúa.

Tamén se financia o realoxo temporal das persoas afectadas polas obras de rehabilitación, así como os gastos de redación de proxectos, dos equipos e oficinas de planeamento, de información e de acompañamento social.

Este programa xestiónase en Galicia a través das Áreas de Rehabilitación Integral (ARI).

Neste mesmo ano 2018 a Xunta destinará preto de 18 millóns de euros ás áreas de rehabilitación e durante todo o período este programa está dotado con 37,4 millóns de euros. 


- Te recomendamos -