Inicio Galicia O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia bonifica en 2019 máis de...

O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia bonifica en 2019 máis de 16,1 millóns de viaxes en autobús e rexistra un 8,1% máis de usuarios que en 2018

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinou no ano 2019 máis de 11,03 millóns de euros ao pago dos descontos, dos que se benefician directamente os usuarios das liñas das áreas da Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol e Lugo


O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia bonificou no ano 2019 máis de 16,1 millóns de viaxes na comunidade, e rexistrou un incremento do 8,1% de usuarios con respecto ao ano 2018.

Estas cifras supoñen que no ano 2019 a Xunta destinou máis de 11,03 millóns de euros á bonificación destas viaxes, aforro que redunda directamente en beneficio dos usuarios das liñas das áreas de transporte metropolitano da Coruña, Vigo, Santiago, Ferrol e Lugo.

En canto ao número de desprazamentos, a área da Coruña acada a cifra máis elevada, con máis de 7,02 millóns de viaxes, seguíndolles as de Vigo con preto de 3,25 millóns de viaxes bonificadas e de Santiago, con más de 3,05 millóns. Na área de Ferrol o número de viaxes bonificadas supera os 2,65 millóns e na de Lugo, máis de 124.000.

Este plan segue a fidelizar e sumar usuarios, contabilizándose en 2019 un total de 350.516 dispositivos activos. Os datos sitúan a área da Coruña co maior número de dispositivos expedidos, superando os 144.087, seguida das de Ferrol e Santiago, con máis de 66.721 e de 65.421 dispositivos. Nesta provincia, os concellos da Coruña, Ferrol, Santiago, Culleredo, Oleiros, Ames, Cambre, Arteixo ou Narón son os núcleos onde hai máis usuarios con viaxes bonificadas.

Na área de transporte metropolitano de Vigo, o número de tarxetas de Transporte Metropolitano expedidas superan as 62.407 activas, sendo os concellos de Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Nigrán, Baiona e O Porriño os que dispoñen dun maior volume de dispositivos activos.

Na área de Lugo contabilízanse máis de 6.600 dispositivos, encabezando a cidade o número de usuarios desta tarxeta.

Viaxes gratuítas coa tarxeta Xente NovaNeste balance da evolución do transporte metropolitano, cabe salientar as máis de 1,8 millóns de viaxes realizados polos usuarios das máis de 56.900 tarxetas Xente Nova activas, que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto nos autobuses metropolitanos.

Cómpre lembrar que dende este mes de xaneiro a Xunta ampliou ata os 21 anos o rango de idade dos beneficiarios da gratuidade do autobús interurbano.

Na mesma liña positiva de número de usuarios do Plan de transporte metropolitano, os titulares do dispositivo Xente Nova da área da Coruña encabezan o número de desprazamentos bonificados, con máis de 740.000 viaxes e máis de 18.700 tarxetas, seguidos dos mozos e as mozas da área de Santiago, con case de 388.000 viaxes e 9.884 tarxetas en funcionamento.

Os datos recollidos pola Dirección Xeral de Mobilidade apuntan tamén a incremento do uso desta tarxeta na área de Ferrol, bonificáronse preto de 358.000 viaxes gratuítas para os usuarios das 8.132 tarxetas.

Na área de Vigo o número de percorridos bonificados superou neste ano máis de 254.000 viaxes e o número de dispositivos Xente Nova activas é de 14.239, mentres que en Lugo se realizaron máis de 20.800 percorridos e se contabilizan 1.059 dispositivos.

Plan social de transporteO Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado pola Xunta que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.

Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite importantes descontos, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante.

Bonificacións e incentivosCos novos contratos do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia as vantaxes do transporte metropolitano se estenderá a toda a Comunidade, con descontos medios do 50% nas viaxes ou bonificacións adicionais do 15% para usuarios recorrentes e aínda máis se se trata de familias numerosas.

A Xunta, a través do novo plan, activa tamén nos novos contratos bonos mensuais de 50 viaxes e que supoñen rebaixas de ata o 50% no prezo do billete. Neste sentido, existe, polo tanto, un amplo abano de descontos e bonificacións no transporte público.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre