Inicio Galicia O Plan de Promoción do Talento Dixital desenvolverá máis dunha trintena de...

O Plan de Promoción do Talento Dixital desenvolverá máis dunha trintena de actuacións en 2019

0

DigiTalent porá en marcha novas iniciativas para reforzar a imaxe dos profesionais vinculados ás TI, dinámicas de inmersión tecnolóxica e eventos para potenciar o talento en torno ás novas tendencias dixitais

O Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, estreará tres iniciativas en 2019 con accións divulgativas para reforzar a imaxe dos profesionais vinculados ás TIC, dinámicas de inmersión tecnolóxica e eventos para potenciar o talento en torno ás novas tendencias dixitais. En total o Plan sumará ata 33 actuacións, das cales 12 son lideradas integramente por empresas.

Entre as novidades de 2019 está a iniciativa do Grupo Kiom a través das súas empresas Sivsa e Coremain que organizará talleres de ideas combinados con demos e actividades lúdicas nas súas instalacións, que permitirán a estudantes de 7-16 anos achegarse a proxectos relacionados con ámbitos como o sanitario, o coche conectado ou os drons.

Televés porá en circulación unha unidade móbil equipada con material de telecomunicacións e robots deseñados e fabricados pola empresa, coa que visitará distintos centros educativos galegos para que alumnos e alumnas de secundaria e bacharelato se familiaricen coas novas tecnoloxías, que se complementará con visitas á fábrica.

Leer más:  El PPdeG agradece a Elena Rivo los servicios prestados y asegura que deja un buen número de amigos en el Parlamento

Ademais, o Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology organizará no mes de febreiro o Hackaton Big Data & Analytics, en colaboración coa Amtega e Meteogalicia. Un evento orientado a unir a un equipo de analistas, universitarios, emprendedores e todo tipo de persoas con inquietudes tecnolóxicas en Analytics & Big Data que competirán durante dous días co fin de elaborar unha solución tecnolóxica que dea resposta a un reto que se lanzará en xaneiro. O CEIN tamén ofrece asesoramento especializado a titulados universitarios a través do seu programa“Observatorio Tecnolóxico DXC”, desenvolvido conxuntamente coa Universidade de Santiago de Compostela.

Espertar as vocacións TIC desde idades temperásTras o éxito do programa Tecnólogo por un día, con máis cun cento de solicitudes. En febreiro do vindeiro ano abrirase o prazo para que estudantes de 12-17 anos poidan a experimentar en primeira persoa un día de traballo no marco das profesións dixitais. prazo para inscribirse na segunda edición deste programa abrirase no mes de febreiro.

Leer más:  La Policía Nacional incauta 14 kilos de hachís al desmantelar una banda criminal en Ourense y detiene a 5 personas

En decembro completáronse as prazas da primeira edición da iniciativa GenTech, impulsada por Altia, que levará a partir de xaneiro unha serie de talleres aos centros educativos nos que se presentarán proxectos de base tecnolóxica para dar a coñecer as profesións dixitais a estudantes de bacharelato.

Tamén a partir de xaneiro Iecisa desenvolverá DixiXogo, unha serie de actividades e talleres lúdico-formativos nas que os nenos e nenas de 6-14 anos adquirirán habilidades dixitais a través do xogo, e os centros educativos poderán inscribirse en DXC Codes, a fase local dunha competición internacional de programación de xogos en linguaxe Scratch, organizada por DXC Technology e dirixida a nenos e nenas de toda Galicia de entre 10-14 anos.

Desenvolvemento do talento dixital en GaliciaDigiTalent é un plan integral que combina distintas medidas para todo o ciclo vital: a infancia, con medidas para impulsar as vocacións STEM; a xuventude, con actuacións para facilitar a adaptación aos novos perfís dixitais; e a madurez, facilitando a perfís directivos formación, sensiblización e iniciativas para impulsar o emprendemento e a xeración de ideas innovadoras.

Leer más:  Un hombre resultó herido levemente en un choque entre dos coches en el polígono de Xarás, en Ribeira (A Coruña)

O Plan formúlase como unha iniciativa aberta con achegas da propia Administración autonómica e dos axentes do ecosistema dixital, entre os que están as empresas que en 2013 se adheriron ao Pacto Dixital da Xunta para impulsar o crecemento tecnolóxico da Comunidade.

O catálogo de actuacións DigiTalent arrincaba a principios deste curso coincidindo co lanzamento do espazo web https://amtega.xunta.gal/digitalent no que se poden consultar os detalles de todas as actividades así como as instrucións para participar nas mesmas. No seu conxunto, agrega xa un total de 33 iniciativas.


- Te recomendamos -