Inicio Galicia O Plan de acceso do transporte metropolitano ao centro da Coruña...

O Plan de acceso do transporte metropolitano ao centro da Coruña estrea unha aplicación móbil con información en tempo real sobre o traxecto dos autobuses

0

Trátase dunha nova versión da aplicación do Transporte Público de Galicia, dispoñible para IOS e Android, que ofrece datos sobre paradas e horarios dos buses en tempo real, ademais de realizar buscas

Os usuarios do Plan de accesibilidade do transporte metropolitano ao centro da Coruña xa poden acceder ás paradas e ao horario dos autobuses en tempo real, grazas á actualización da aplicación do Transporte Público de Galicia da Xunta, publicada hoxe. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) prevén ampliar esta nova funcionalidade a outras zonas de Galicia de xeito progresivo e nun futuro que sexa posible, ademais, realizar o pago desde o móbil.

A nova versión da aplicación, dispoñible para os sistemas operativos iOS e Android permite realizar buscas por liñas (por concello e empresa) e por paradas (por concello, dirección, paradas próximas e por nome).

Unha vez que o usuario accede á liña do seu interese, a app móstralle os horarios de saída, os horarios de paso por parada e a representación gráfica da liña sobre o mapa. Se accede á parada poderá informarse dos próximos servizos que pasan pola mesma, con información en tempo real e a representación gráfica da parada sobre o mapa.

Leer más:  Procesiones suspendidas este Jueves Santo en Galicia por el temporal, con rachas que superan los 120 km/h

Con esta nova iniciativa, a Xunta de Galicia continúa a avanzar na súa aposta polo transporte público, que na área da Coruña se viu notablemente mellorada grazas á activación, o pasado mes novembro, do Plan de accesibilidade dos autobuses ao centro urbano da cidade.

Esa iniciativa, que se foi desenvolvendo por fases e cuxo despregamento culminou o pasado 28 de maio, consiste en facilitar que os autobuses realicen paradas no centro urbano ademais de na estación de autobuses, eliminando a necesidade de transbordos e reducindo, con carácter xeral, os tempos de viaxe. Nese sentido, constitúe unha eficaz ferramenta de fomento do uso do transporte público.

De feito, este Plan de accesibilidade está a rexistrar unha moi boa acollida entre os usuarios do transporte interurbano, rexistrando preto de 860.000 viaxes con orixe ou destino nas novas paradas. Desde a implantación da súa primeira fase, no pasado mes de novembro, rexistráronse incrementos medios do 5% no número de viaxeiros do transporte inteurbano.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

Seguimento das bonificaciónsA aplicación do Transporte Público de Galicia púxose en marcha en setembro do ano pasado, ofrecendo aos usuarios do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia con dereito a bonificacións sociais ou coa tarxeta Xente Nova, ver o resumo de reembolsos realizados e recibir notificacións das súas recargas nos seus dispositivos móbiles.

O seu uso é sinxelo e, unha vez instalada no dispositivo móbil, só hai que rexistrase e xa se poden incorporar á aplicación as diferentes tarxetas das que sexa usuario. A app mostra en orde cronolóxica os reembolsos pendentes de cobro por tarxeta e a data límite para cóbralos. Ademais, o usuario recibirá notificacións das novas recargas e da súa caducidade. A aplicación tamén permite facer suxestións a través dun formulario no que trasladar calquera proposta, recomendación ou mellora por parte dos usuarios.

Tamén esta dispoñible o portal do transporte público de Galicia (www.bus.gal), onde os usuarios do transporte poden consultar os horarios dos servicios de transporte público regular por estrada en Galicia e dos servizos baixo demanda a través do buscador do portal.

Leer más:  Díaz alaba el Encaixe de Camariñas, ejemplo de "cultura" y "trabajo" hecho por mujeres que pone a Galicia "en el mundo"

Plan Tecnolóxico do TransporteEstas iniciativas enmárcanse no Plan tecnolóxico do Transporte da Xunta de Galicia que, entre outros obxectivos, busca potenciar o uso do transporte con novos servizos de información para os cidadáns con sistemas que permitan tanto novos modelos de pago, como de transporte como o transporte a demanda. 


- Te recomendamos -