Este crecemento é dúas décimas superior á caÃda rexistrada no anterior trimestre que coincidiu co confinamento provocado pola pandemia
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 14,6% no terceiro trimestre do ano, segundo reflicten as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de EstatÃstica (IGE). Este crecemento é dúas décimas superior á caÃda rexistrada no anterior trimestre que coincidiu co confinamento provocado pola pandemia.
En canto á evolución interanual, o IGE estima que o PIB galego rexistrou un descenso do 6,2%. Esta baixada é 2,5 puntos inferior á rexistrada pola economÃa española para o mesmo perÃodo, que foi do -8,7%.
O PIB galego volve rexistrar asà unha mellor evolución xa que no segundo trimestre (en plena pandemia) a economÃa galega descendeu un 14,4% por mor do efecto negativo da covid-19, un descenso 3,4 puntos inferior ao rexistrado polo conxunto de España (-17,8%).
Desde o punto de vista da demanda, no terceiro trimestre do ano, o gasto en consumo final diminuÃu un 4,6% en comparación co mesmo trimestre de 2019, e a formación bruta de capital baixou un 9,2%. En canto á demanda externa, as exportacións de bens e servizos subiron un 0,9% e as importacións de bens e servizos un 2,4%.
SectoresNo que respecta á oferta, todos os sectores rexistraron taxas de variación negativas. O sector primario descende un 3,6%, o sector industrial baixa un 3,7%, os servizos diminúen un 5,5% e a construción un 9,3%.
As Contas económicas trimestrais do IGE mostran que o emprego -medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo- diminuÃu un 4,0% no terceiro trimestre. As ramas de actividade nas que máis baixou foron as relacionadas co comercio, transporte e hostalerÃa (-7,8%); construción (6,9%); e actividades artÃsticas, recreativas e outros servizos (-6,3%).