Inicio Galicia O período hábil para a captura de dúas especies de caza maior,...

O período hábil para a captura de dúas especies de caza maior, como o corzo e xabaril, comenza este fin de semana

0

Asemade, tamén da comezo á denominada media veda para especies de caza menor, como o paspallás, a pomba torcaz e a rula común, en exclusiva para os tecores da antiga Lagoa de Antela en Ourense

Tal e como recolle a resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se determinan as épocas hábiles de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por especies para a tempada 2020-2021, a partir de mañá, sábado 22 de agosto, comeza o período hábil para a captura de dúas especies de caza maior, como son o corzo e o xabaril.

No caso do período hábil de caza do xabaril esténdese dende mañá ata o 28 de febreiro de 2021, o que supón manter practicamente sen cambios o do ano pasado, cando xa se acordara co sector ampliar en case un mes a tempada do xabaril ante a sobreabundancia da especie. A captura deste animal silvestre poderá realizarse os xoves, sábados, domingos e festivos en tecores ou en zonas libres, onde están permitidas as modalidades de batida, montería e espera.

No caso do corzo, permítese a captura nos terreos de réxime cinexético especial (tecor) todos os días hábiles na modalidade de axexo, mentres que os sábados, domingos e festivos, en batida e montería; mentres que nos terreos de réxime cinexético común (zonas libres) permítese a caza de corzo todos os días hábiles na modalidade de axexo, mentres que a modalidade de batida e montería só poderá practicarse os sábados.

Asemade, este fin de semana tamén se inicia o período hábil para algunhas especies de caza menor na media veda, como o paspallás, a pomba torcaz e a rula común, en exclusiva para os tecores da antiga Lagoa de Antela en Ourense.

Así, as modalidades permitidas son en man e ao salto. Tal e como establece na resolución, as condicións e medidas especiais para a práctica desta actividade cinexética son:Pasapallas:- Máximo 15 escopetas por xornada- Máximo 4 escopetas por cuadrilla- Máximo 10 pezas por persoa cazadora e díaPomba torcaz:- Máximo 15 escopetas por xornada- Máximo 4 escopetas por cuadrilla- Máximo 5 pezas por persoa cazadora e díaRula común:- Máximo 15 escopetas por xornada- Máximo 4 escopetas por cuadrilla- Máximo 5 pezas por persoa cazadora e día- Máximo de 4 xornadas- A caza de esta especie practicarase no seguinte horario: despois do orto (Saída do Sol no horizonte) ata as 11.00 horas e desde as 17.00 horas ata o ocaso.

As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede da Xunta de Galicia. Ademais, de acordo co establecido na nova normativa reguladora do procedemento administrativo, para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores, a presentación electrónica terá carácter obrigatorio. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre