Inicio Galicia O peirao de Vilaxoán conta con dúas novas liñas de pantaláns con...

O peirao de Vilaxoán conta con dúas novas liñas de pantaláns con 19 prazas para embarcacións de acuicultura

0

A Consellería do Mar investiu nestas obras preto de 720.000 euros co obxectivo de facilitar o traballo do sector e as operacións no peirao


A conselleira do Mar, Rosa Quintana, comprobou hoxe en Vilaxoán o resultado das obras de mellora das zonas de atraque do peirao, que supuxeron a habilitación de dúas novas liñas de pantaláns con 19 prazas para embarcacións de acuicultura. Os traballos realizados, que contaron cun investimento de preto de 720.000 euros, permiten dotar o porto de espazo de amarre para 19 barcos de entre 16 e 22 metros, o que supón dar resposta ás necesidades do total da frota actual e habilitar prazas de reserva de cara ao futuro.

A titular de Mar, que estivo acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, asegurou que a Xunta aposta polo crecemento do sector pesqueiro e acuícola e que por iso ten entre os seus obxectivos a mellora das infraestruturas portuarias que lles dan servizo. A obra destas novas liñas de pantaláns facilita as operacións dentro do peirao e tamén contribúe a mellorar a súa seguridade.

A representante do Executivo galego salientou que, trala finalización da obra dos pantaláns, o seguinte obxectivo da Consellería do Mar é proceder coa dragaxe da canle de acceso ao peirao, un proxecto que se está a tramitar e que suporá tanto dragar a superficie comprendida entre a rampla de varada e a liña exterior do pantalán como eliminar un afloramento rochoso cun volume de 372 metros cúbicos existente na zona.“Ter infraestruturas portuarias axeitadas é fundamental para que os sectores pesqueiro e acuícola medren porque, cando contan con bos servizos, desenvolven máis facilmente o seu traballo, son máis eficientes e melloran os seus resultados”, explicou Rosa Quintana en referencia á aposta da Xunta por impulsar a carga e descarga de mercadorías e a actividade náutico-recreativa e deportiva nos peiraos de titularidade autonómica.“Esta obra deixa a Vilaxoán preparada para que o seu sector acuícola medre e, se medra, o seus beneficios trasladaranse á vila na xeración de emprego e riqueza. Ese é o obxectivo da Xunta, contar con portos modernos ao servizo dos cidadáns, e é o mar que nos move, facilitarlles o traballo”, concluíu a conselleira do Mar.

Descargas en lonxaPrecisamente, a actividade pesqueira no porto de Vilaxoán acumula tres anos seguidos de crecemento, o que lle permitiu pechar 2018 coa comercialización de máis de 87 toneladas de produtos do mar. Esas vendas deixaron os maiores ingresos do centro de poxas na última década, cunha facturación próxima ao millón de euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre