Inicio Galicia O parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei estende por vez primeira...

O parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei estende por vez primeira a súa data de peche e manterase aberto ao público ata o 26 de setembro

0

As tarefas de limpeza e mantemento do parque tamén serán prolongadas consecuentemente ata o vindeiro 26 de outubro co obxecto de garantir o óptimo estado das instalacións


A Secretaría Xeral para o Deporte vén de anunciar que neste ano 2019 estenderase a campaña de apertura do parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei ata o vindeiro xoves 26 de setembro, xornada na que tamén abrirá as súas portas con normalidade, en troques do 15 de setembro, como se viña facendo habitualmente. Esta decisión débese a excelente previsión meteorolóxica para as vindeiras datas no concello de Pereiro de Aguiar (Ourense) e supón a primeira vez que o parque acuático ve prolongada a súa apertura.

Do mesmo xeito, cómpre sinalar que as tarefas de limpeza e mantemento do parque tamén serán prolongadas consecuentemente ata o vindeiro 26 de outubro co obxecto de garantir o óptimo estado das instalacións.

O Complexo Deportivo de Monterrei, de titularidade autonómica, está aberto todos os días da semana de 9 a 21 horas en horario ininterrompido para os cidadáns de todas as idades, federacións deportivas galegas, clubs deportivos e asociacións, peñas e grupos de amigos. O complexo deportivo componse de catro pistas de tenis (dúas de herba artificial e dúas de formigón poroso), dúas pistas polideportivas de cemento pulido, dúas pistas de pádel, estadio de atletismo, vestiarios e oficinas administrativas, complexo acuático (con seis piscinas descubertas), zona verde natural e parque infantil.

A finais de 2017 a Secretaría Xeral para o Deporte actuou na reposición do pavimento así como o pintado das liñas do campo da pista polideportiva de Monterrei cun investimento de preto de 40.000 euros (39.322 euros). En 2018 leváronse a cabo reparacións na piscina de ondas por importe de preto de 15.000 euros (14.819,60 euros). Neste mesmo ano realizáronse reparacións varias na zona de piscinas por importe de 44.000 euros (43.839,20 euros).

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre