Inicio Galicia O ?Outono gastronómico en turismo rural? oferta 23 casas de turismo rural...

O ?Outono gastronómico en turismo rural? oferta 23 casas de turismo rural con 46 menús diferentes na provincia da Coruña

0

O delegado territorial da Xunta, visitou a casa rural Trillo incluída neste programa e tivo unha agarimosa lembranza para Jesús Trillo, o seu fundador, que faleceu recentemente deixando un fondo pesar na comarca


O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe no Concello de Muxía unha das casas rurais, dirixida por Pilar Trillo, incluída no programa “Outono gastronómico en turismo rural”, unha oferta gastronómica que permite gozar na nosa provincia de 46 menús diferentes en 23 casas rurais cun prezo económico dende o pasado 14 de setembro e ata o 16 de decembro. No Xeodestino Costa da Morte en concreto están adheridas a este programa 4 casas rurais do concello de Muxía.

Na súa intervención o delegado provincial tivo unha agarimosa lembranza para Jesús Trillo, “fundador desta casa rural e un apaixonado e activo defensor da súa terra, das potencialidades turísticas da Costa da Morte e o Camiño de Santiago, que faleceu recentemente deixando un fondo pesar en toda a comarca”. O delegado territorial lembrou “foi un gran profesional e un visionario que creu tanto na súa terra que foi o primeiro en abrir unha casa de turismo rural en Muxía, esta Casa de Trillo, que tamén foi pioneira en toda a comarca en lucir a Q de calidade”.

O acto de presentación do programa contou cunha degustación de produtos típicos ofertados nesta campaña por unha das casas adheridas a esta iniciativa.

A proposta oferta prezos moi económicos que van desde os 30 ata os 300 euros en función da modalidade que elixa cada viaxeiro. Esta iniciativa permite gozar en parella, familia ou con amigos de propostas culinarias, deseñadas para a ocasión. Ademais, se ofrece a posibilidade de pernoitar nas casas de turismo rural durante unha ou dúas noites a fin de semana,O delegado territorial recalcou que o obxectivo prioritario desta campaña é favorecer a desestacionalización durante os meses de outono. Neste senso, explicou que o éxito do “Outono gastronómico en turismo rural”, ao longo de 11 edicións suma preto de 60.000 participantes e foi recoñecido na Feira Internacional de Turismo Fitur 2016 como Mellor Produto de Turismo Activo Nacional na modalidade de Enogastronomía. Ata catro modalidades para elixirO Outono Gastronómico en Turismo Rural, con prezos moi competitivos, ofrece opcións que se adaptan ao tipo de viaxeiros.- A oferta Menú Outono Gastronómico, deseñada exclusivamente para esta ocasión, inclúe entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños das distintas denominacións de orixe galegas e outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa.- Tamén se ofrece a posibilidade do Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o menú Outono gastronómico e pernoitar na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do día seguinte. Esta segunda modalidade prevé un menú por persoa máis aloxamento e almorzo, a escoller entre a noite de venres ou sábado. O prezo é de 120 euros para dúas persoas en cuarto dobre ou de 80 euros para unha persoa en cuarto individual.- Outra das opcións é gozar da Fin de semana Outono Gastronómico, que inclúe dous menús por persoa máis o aloxamento, na noite de venres e sábado. O prezo é de 200 euros para dúas persoas en cuarto dobre e 140 para unha persoa en cuarto individual.- E se se quere compartir coa familia unha fin de semana, existe a Fin de semana familiar Outono Gastronómico que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos. Para parellas acompañadas dun neno, a oferta de menús e aloxamento será de 260 euros, mentres que para as que vaian acompañadas de dous rapaces o prezo será de 300 euros.

Novos Plan de Turismo Rural e EnogastrónomicoComo en edicións anteriores, póñense a disposición dos viaxeiros guías informativas que poderán atoparse nos propios establecementos de turismo rural participantes, nas oficinas de turismo, nos campos de golf e noutros espazos públicos de Galicia. Tamén se distribuirán carteis e dípticos para a súa divulgación e se promoverá nas redes sociais. Toda a información está dispoñible na web de Turismo de Galicia e outonogastronomico2018.com.

Ovidio Rodeiro lembrou que nestes momentos o Goberno galego está a deseñar o Plan Estratéxico de Turismo Rural e o Plan Enogastronómico, dous documentos a través dos que seguir mellorando en eidos nos que Galicia está chamada a ser un referente. Neste senso, lembrou que recordar que a pasada semana a Xunta de Galicia asinou un convenio de colaboración coa entidade sen ánimo de lucro Costa da Morte, Asociación de Turismo, que permitirá seguir mellorando o potencial turístico desta comarca a través da especialización e a mellora da súa oferta, da incorporación de novas tecnoloxías, así como da promoción.

Rodeiro recalcou que “o acordo supón un investimento para os dous próximos anos de 150.000 euros, dos que a Consellería de Cultura e Turismo aporta 115.600, para así dar estabilidade aos proxectos previstos nos concellos do xeodestino da Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, A Laracha, Laxe, Malpica, Ponteceso e Zas”.

Este investimento autonómico, permitirá en 2018 e 2019 deseñar un Plan Estratéxico para a Costa da Morte, por en marcha actividades relacionadas coa comunicación, promoción e dinamización do destino, así como actualizar e mellorar experiencias de gastronomía, patrimonio e turismo activo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre