Inicio Galicia O 'Obradoiro de Novela Cidade da Cultura' bota a andar hoxe...

O 'Obradoiro de Novela Cidade da Cultura' bota a andar hoxe no Gaiás para a descuberta de novos talentos da literatura galega

0


A Fundación Cidade da Cultura de Galicia botou a andar hoxe o Obradoiro de Novela Cidade da Cultura, unha actividade pensada para axudar a desenvolver o talento de novos valores na literatura galega. Con todas as prazas cubertas desde a primeira semana que se abriu a inscrición, os e as participantes aprenderán todos os venres ata o 7 de xuño da man de escritores e escritoras galegas de éxito e co apoio dunha axencia literaria profesional, Rolling Words, que lles brindará a súa experiencia no mundo da edición e mesmo servirá de ponte ao profesionalismo para aqueles cun desempeño sobresaínte.

A directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo, deulles a benvida aos e ás participantes, que contaron como primeiro mestre con Javier Peña, escritor e xornalista que ten previsto publicar ao longo deste ano en Blackie Books a súa primeira novela, Los Infelices. Ademais del, no curso que se imparte na Biblioteca e Arquivo de Galicia, participarán os escritores Miguel Anxo Fernández, Manuel Gago, Antón Riveiro Coello e Diego Giráldez. A experiencia desde o mundo da edición virá da man de Lourdes Díaz e do consultor editorial Siscu Pérez. Todos eles serán os encargados de fornecer os aspirantes a novelistas das ferramentas e recursos necesarios para levar adiante os seus propios proxectos literarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre