Inicio Galicia O obradoiro da Laracha e Arteixo permitirá a 20 desempregados formarse e...

O obradoiro da Laracha e Arteixo permitirá a 20 desempregados formarse e traballar en carpintería e pintura industrial

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe na inauguración deste programa que financia a Xunta con preto de 290.000€

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou hoxe na inauguración do obradoiro que comparten os concellos da Laracha e Arteixo no que un total de 20 desempregados formaranse nas especialidades de pintura industrial en construción e de carpintería, ao tempo que estarán contratados durante nove meses nos que, entre outras actuacións, realizarán o pintado interior e exterior de edificios e instalacións de titularidade municipal na Laracha e o acondicionamento do espazo recreativo de sensibilización ambiental do entorno do muíño da Cachada, en Arteixo.

Marnotes destacou que se trata dun obradoiro dual polo que os alumnos e alumnas, ademais de estar contratados durante nove meses, poderán realizar ao termo do obradoiro prácticas durante polo menos tres meses nunha empresa da contorna.

O director xeral puxo en valor estes programas mixtos de formación e emprego que financia a Xunta co apoio das administracións locais. Neste caso, a Consellería de Economía, Emprego e Industria financia a actuación con preto de 290.000 euros. Neste senso, Marnotes resaltou a importancia da colaboración institucional para poñer en marcha este tipo de programas cos que se busca adaptar a formación das persoas desempregadas aos perfís profesionais que están demandando as empresas.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

Nesta edición, celébranse en toda Galicia máis de 100 obradoiros, cun orzamento que supera os 26 millóns de euros, e coa participación de máis de 2000 alumnos, sumando tanto os obradoiros duais como os específicos para persoas mozas.

Para rematar, o director xeral fixo fincapé na importancia da formación lembrando que nos orzamentos da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o vindeiro ano dedícanselle 145 millóns de euros, dándolle prioridade aos programas formativos que se adapten aos novos perfís profesionais que está a demandar o tecido produtivo.


- Te recomendamos -