Inicio Galicia O número de empresas con sede social en Galicia medra en 1.973...

O número de empresas con sede social en Galicia medra en 1.973 e sitúase en 247.631, segundo os datos publicados hoxe polo IGE

0

A cifra de empresas galegas a 1 de xaneiro de 2018 creceu nas catro provincias


O número de empresas con sede social en Galicia ascende a 247.631, segundo indica o ‘Directorio de empresas e unidades locais’ do ano 2018 publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Isto supón un incremento de 1.973 empresas respecto ao ano anterior, un 0,8% máis.

Ao número de empresas con sede social en Galicia súmanse outras 4.359 empresas que teñen actividade na comunidade autónoma pero a súa sede social está fóra de Galicia. Isto significa que o 98,3% das empresas que operan en Galicia teñen a súa sede social nalgunha das catro provincias galegas.

Precisamente, o incremento de empresas galegas a 1 de xaneiro de 2018 rexistrouse nas catro provincias. Os maiores crecementos producíronse na provincia de Lugo –un 1,36%, ao aumentar 501 as súas empresas- e na de A Coruña, que contabiliza 853 empresas galegas máis e un incremento do 0,85%. As cifras tamén son positivas en Pontevedra –aumentan un 0,61% ao sumar 495 empresas máis- e na provincia de Ourense, que conta con 124 empresas máis e un crecemento do 0,46%.

En canto á distribución territorial da sede social, a maioría das empresas localízanse nas provincias atlánticas, xa que A Coruña suma 101.520 e Pontevedra contabiliza 81.586 empresas. Nas provincias orientais, a cifra ascende a 37.405 empresas en Lugo e 27.120 na provincia de Ourense.

Medran as empresas con máis asalariadosRespecto ao número de asalariados, a operación estatística do IGE mostra que o maior incremento de empresas galegas produciuse nas de 500 ou máis asalariados, que medran un 7% ao pasar de 57 a 61; e nas de 100 a 249 asalariados, que crecen un 4,86% ao pasar de 370 a 388 empresas. Todos os tramos medran agás o de empresas de 1 a 2 asalariados e o de 250 a 499 asalariados, que baixan un 0,87 e un 1,08%, respectivamente.

O Directorio de empresas medra sobre o ano anterior grazas a que o número de altas de empresas rexistradas é superior ao de baixas. En concreto, o número de altas de empresas con sede social en Galicia foi de 24.632, fronte ás 22.646 baixas. Xunto a elas, outras 222.999 empresas permaneceron activas logo de ser dadas de alta en anos anteriores. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre