Inicio Galicia O novo teléfono para dar información xeral sobre o coronavirus pasa a...

O novo teléfono para dar información xeral sobre o coronavirus pasa a ser dende hoxe mesmo o 900 400 116

0

Para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, tamén está dispoñible o teléfono 061

Dende hoxe mesmo, a Consellería de Sanidade vén de poñer a disposición da cidadanía galega o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número gratuíto, pódense resolver todas as dúbidas que as galegas e os galegos teñan ao respecto.

En calquera caso, o departamento sanitario galego lembra que para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde, senón contactar telefonicamente co 061.

O novo teléfono 900 400 116 substitúe ao 902 400 116, que era o número que ata o de agora tiña a Xunta para informar á poboación sobre o coronavirus, posto que, ao dispoñer xa do mesmo previamente, puido poñerse en marcha de xeito provisional.

Por último, a Consellería de Sanidade volve reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembra que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do vírus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre