Inicio Galicia O novo modelo de atención primaria no que traballa a Xunta potencia...

O novo modelo de atención primaria no que traballa a Xunta potencia o papel dos profesionais de enfermería

0

Traballarán en áreas de responsabilidade inherentes á súa categoría profesional

Dende a Consellería de Sanidade estase a traballar na definición dun novo modelo de atención primaria que vai poñer a disposición de toda a cidadanía galega un modo de atención máis axeitado ás necesidades do século XXI. As propostas presentadas aos profesionais o pasado día 20 atinxen a todas as categorías de traballadores dos centros de saúde, e vanlle permitir asumir a totalidade das súas competencias con todas as garantías legais.

Este novo modelo pon aos profesionais de enfermería como un dos grandes protagonistas da atención primaria, permitindo actuar en áreas de responsabilidade inherentes a súa categoría profesional. Ningunha das liñas de actuación están ou estarán fóra das súas competencias legais. Así, das 75 accións a curto prazo presentadas, 57 son propostas que atinxen directa ou indirectamente á forma de traballar da enfermería, 46 a medio e 34 a longo prazo. Para realizar as medidas propostas avaliarase se é preciso o aumento do número destes profesionais en determinados centros de saúde, co obxectivo de levar a cabo unha correcta continuidade asistencial con criterios de calidade.

Novas competenciasO persoal de enfermería é para moitos cidadáns o profesional onde se apoian. Así, persoas con patoloxías crónicas, inmobilizados e coidadores, entre outros, van ser os primeiros grupos poboacionais que poidan percibir as novas competencias destes profesionais, como a capacidade para solicitar analíticas ás persoas con problemas crónicos, validación de analíticas de tratamentos de anticoagulación, ou cumprimentación de informes de valoración da dependencia de material ortoprotésico (cadeiras de rodas, andadores, muletas, etc).

Todos os usuarios dos centros de saúde van percibir como os enfermeiros serán os encargados de acoller as súas demandas por problemas de saúde cando acudan sen citaprevia e serán os encargados de resolver os seus problemas, ben con intervencións propias de enfermería ou derivando a outros profesionais do equipo que darán resposta a cada necesidade concreta. Este sistema de acollida dos doentes xa se ven facendo dende hai varios anos noutras Comunidade Autónomas como Navarra, Andalucía, ou Cataluña, e, en todas elas, as experiencias realízanse con distintos protocolos establecidos, pero con resultados moi eficientes.

O novo modelo de atención primaria tamén inclúe a elaboración da carteira de servizos de todas as categorías profesionais que precisen ser actualizadas. O persoal de enfermería disporá, igualmente, da súa propia, que se elaborará para dar cabida a todos os novos retos profesionais deste colectivo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre