Inicio Galicia O Museo do Mar de Galicia e o Centro Arqueolóxico do Areal...

O Museo do Mar de Galicia e o Centro Arqueolóxico do Areal súmanse á Noite Branca da cidade de Vigo

0

Ambos centros manterán as súas portas abertas de 20,00 h. a 00,00 h. desta noite e ofrecerán visitas guiadas

O Museo do Mar de Galicia e o Centro Arqueolóxico do Areal súmanse á Noite Branca que se celebra hoxe na cidade de Vigo. Trátase dunha xornada especial que permite dar visibilidade e achegar á cidadanía aos museos, polo que ambos centros abrirán as súas portas de 20,00 h. a 00,00 h.

O Museo do Mar de Galicia ofertará visitas guiadas, cada 30 minutos, ao acuario onde os asistentes poderán coñecer os diferentes ecosistemas da ría de Vigo e as especies mariñas que nel habitan. O aforo para estas visitas é limitado pero o acceso ao resto das instalacións é libre.

Mentres tanto, no Centro Arqueolóxico do Areal terán lugar catro visitas guiadas, dunha hora de duración, na que se poderá contemplar a única salina mariña de evaporación solar que se conserva e que está musealizada de todo o Imperio Romano. Neste caso as visitas tamén teñen aforo limitado.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre