Inicio Galicia O Museo de Belas Artes abre este domingo o ?XIX Ciclo música...

O Museo de Belas Artes abre este domingo o ?XIX Ciclo música para unha época' con capacidade limitada e reserva de praza

0

A actividade coincide coa celebración do Día da Música e combina as obras dun período determinado con pezas artísticas situadas nas salas do Museo

O Museo de Belas Artes, un centro dependente da Xunta de Galicia, abre este domingo o XIX Ciclo música para unha época, unha das actividades máis lonxevas do centro que combina as obras musicais dun período determinado coas obras artísticas das salas do museo correspondentes ao mesmo período histórico, establecendo así un paralelismo entre música e pintura.

A causa da crise sanitaria derivada da covid-19 limitarase a capacidade do salón de actos do museo a 70 persoas, que contarán con localidade preasignada. Así pois, desde hoxe, os interesados deberán reservar a súa praza previamente no correo electrónico mu.belas.artes.difusion@xunta.gal ou a través do teléfono 881 881 700, en horario de 9,00 a 14,00 horas. Así mesmo, será preciso o uso de máscara durante os recitais.

O ciclo consta de dúas actuacións. A primeira delas terá lugar este domingo 21 de xuño ás 12,00 horas a cargo do pianista Domenico Codispoti e centrarase no período do Romanticismo, interpretando obras de Clara Schumann e Fryderyk Chopin. A segunda delas terá lugar o domingo 28 de xulo ás 12,00 horas e estará protagonizado polo chamado Trío Schubert conformado por Fumika Yamamura (violín) Gabriel Bussi (viola) e Elena Escalza Cortina (violonchelo).

Ademais do celebración dos concertos de xeito presencial e con capacidade limitada, as actuacións transmitiranse en directo a través de streaming mediante a canle de Youtube do Museo de Belas Artes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre