Inicio Galicia O Museo das Peregrinacións acolle unha xornada sobre conservación do ICCROM

O Museo das Peregrinacións acolle unha xornada sobre conservación do ICCROM

0

O Museo das Peregrinacións e de Santiago e o Consello Galego de Museos, en colaboración co Museo do Pobo Galego, organizan mañá na sede de Praterías de Peregrinacións unha xornada informativa sobre RE-ORG, a ferramenta de reorganización de depósitos promovida polo International Centre for the Study of Preservation and Restoration of Cultural Property (ICCROM). Na xornada intervirán Clara González, de Peregrinacións, e Marjolijn Debulpaep, do KIK-IRPA, o Real Instituto do Patrimonio de Bélxica.

O ICCROM é un organismo intergobernamental de referencia con sede en Roma. O seu obxectivo principal fíxase na formación dos profesionais da conservación. RE-ORG é froito dun acordo trianual celebrado por esta institución coa UNESCO en 2007, dirixido inicialmente a mellorar as prácticas de conservación dos museos de países en desenvolvemento. Actualmente, concíbese como un proxecto global que involucra e pon en relación a museos e profesionais de todo o mundo.

Segundo unha enquisa conxunta do ICCROM-UNESCO realizada en 2011, os almacéns son un problema para o 60% de museos no mundo. O ICCROM ofrece ferramentas confeccionadas por especialistas en conservación do patrimonio cultural e accesibles de maneira gratuíta para axudar aos museos a afrontar estes problemas. 

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

- Te recomendamos -