Inicio Galicia O Monbus disputa este sábado un partido dedicado á ruta xacobea no...

O Monbus disputa este sábado un partido dedicado á ruta xacobea no marco da iniciativa apoiada pola Xunta "O Camiño acaba en Obradoiro"

0
image_gallery.jpg

O partido da Liga Endesa ACB Monbus Obradoiro e Acunsa Guipúzoca Basket estará dedicado ao Camiño de Santiago e a próxima celebración do Xacobeo 2021


Camiño de Santiago e deporte de elite déronse esta mañá a man na presentación dunha das accións promocionais encadradas na VI edición de “O Camiño acaba en Obradoiro”: a celebración do partido dedicado á Ruta Xacobea que terá lugar este sábado entre o Monbus Obradoiro e o Acunsa Guipúzcoa Basket dentro da Liga Endesa.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto acompañada do director xeral do Monbus Obradoiro, José Luis Mateo, e o adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández. “Desde a Xunta apoiamos iniciativas como esta do Camiño acaba en Obradoiro, na que se fusionan Camiño e deporte, que comparten valores como a superación ou a solidariedade”, explicou Nava Castro, quen destacou a calidade dos xogadores que participan nunha iniciativa na que a Xunta leva colaborando desde a primeira edición.

Castro valorou especialmente tanto a transcendencia mediática que acada o programa como a orixinalidade dunha acción na que participaron xogadores como Terry Porter, Juan Antonio Corbalán, Nikos Galis, Alexander Petrovic ou Amaia Valdemoro, que o ano pasado percorría a Vía da Prata.

Promoción no CamiñoNesta edición o itinerario escollido foi o Camiño do Inverno e o xogador, José Manuel Calderón, que percorreu en verán algunhas das etapas desta ruta. A través da colaboración coa Xunta de Galicia leváronse a cabo numerosas accións entre as que se encadra o partido deste sábado, ademais dun documental que recollerá toda a experiencia desta edición e que se presentará cando as condicións sanitarias así o permitan.

No marco deste patrocinio coa Xunta tamén se fixeron unha serie de accións de promoción no camiño e noutros puntos da xeografía nacional para dar a coñecer a Ruta Xacobea e o Xacobeo 2021 como foron a realización de vídeos #obrahospitaleiros – personaxes famosas animando ao convidado a completar o desafío e facendo a promoción do Camiño-, publicidade en autobuses de Madrid e Barcelona ou mercadotecnia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre