O perÃodo medio de pago en Galicia foi de 18,90 dÃas, fronte aos 32,26 da media autonómica
Galicia pechou o mes de novembro sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun perÃodo medio de pago de 18,90 dÃas, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do mes de novembro, o perÃodo medio de pago de Galicia situouse en 18,90 dÃas, máis de 13 dÃas inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 32,26 dÃas; e por debaixo do lÃmite de 30 dÃas que establece a normativa estatal. En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan a Galicia como a cuarta comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de novembro no 0,35%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,46%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 5.093 millóns de euros, dos que 201 millóns –o 3,9%- corresponden a Galicia.
Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continuaba, a finais de 2020, entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.
Normal
0
21
false
false
false
ES
X-NONE
X-NONE
/* Style Definitions */
table.
MsoNormalTable {mso-style-name:”Táboa normal”; mso-style-parent:””; font-size:10.0pt;”Times New Roman”,serif;}
PerÃodo Medio de Pago – Novembro 2020 (*CCAA réxime foral)