Inicio Galicia O minicampamento ?O noso rural' remata a súa quenda tras cinco días...

O minicampamento ?O noso rural' remata a súa quenda tras cinco días de actividades no Deza

0

Nel participan nenas e nenos de entre 10 e 14 anos que estiveron cinco días hospedados no hotel Torre do Deza

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá aos participantes que desfrutan da última quenda do Minicampamento O noso rural, iniciativa que puxo en marcha a Xunta de Galicia na comarca do Deza dentro do programa Coñece Galicia.

Neste minicampamento, que comezou o pasado día 24 e rematou hoxe. As rapazas e rapaces, que estiveron hospedados no hotel Torre do Deza, puideron realizar unha gran diversidade de actividades, tales como sendeirismo, kaiak, tirolina ou tiro con arco entre outros. Tamén tiveron a oportunidade de coñecer espazos culturais da contorna como o Museo Etnográfico Casa do Patrón, na parroquia lalinense de Doade.

Cristina Pichel achegouse ata Lalín para ser partícipe nalgúns dos xogos tradicionais que estaban tendo lugar esta mañá como velada de despedida. Cómpre salientar que esta nova iniciativa foi impulsada pola Consellería de Política Social en colaboración coa de Cultura e Turismo tras a necesaria adaptación das actividades ao novo escenario provocado pola covid-19.

Coñece Galicia propón unha variada oferta de actividades de cultura urbana e ocio activo, de multiaventura e coñecemento do patrimonio natural e cultural, de turismo de natureza e educación ambiental, de coñecemento de paraxes naturais e mariñas ou de desfrute do medio rural, entre outras alternativas. Os lugares onde se estiveron celebrando minicampamentos neste verán foron: Ribeira; Foz; Monforte; a contorna dos Ancares; Pobra de Trives; O Carballiño; Covelo; Lalín; O Grove; Silleda e as comarcas do Salnés, do Deza e do Morrazo. Os últimos campamentos desta iniciativa remataron no día de hoxe.

Campaña de veránEn total, esta Campaña de Verán, que leva por título O verán que necesitas, pon á disposición da mocidade 6872 prazas en diferentes actividades e campamentos, que se prolongarán ata comezos do mes de setembro. Todas as actividades desta campaña seguen as medidas de prevención fronte ao covid-19 fixadas polas autoridades sanitarias co fin de garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre