Inicio Galicia O ?mellor circuíto de pádel do mundo? chega a Outeiro de Rei...

O ?mellor circuíto de pádel do mundo? chega a Outeiro de Rei (Lugo) do 9 ao 15 de setembro cun centenar das mellores parellas do ránking e un 20% de galegos

0

O secretario xeral para o Deporte destaca que a aposta polo pádel é “unha aposta segura” xa que a Federación Galega de Pádel conta cun 343% máis de licenzas que hai dez anos


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro, participou na mañá de hoxe na presentación do evento do World Padel Tour Outeiro de Rei Challenger que chegará á localidade lucense do 9 ao 15 de setembro do presente ano. Nas súas verbas destacou que a aposta polo pádel é “unha aposta segura” xa que en Galicia, hoxe, a Federación Galega de Pádel conta cun 343% máis de licenzas que hai dez anos, chegando ata as 6.562. Do mesmo xeito tamén salientou a elevada presenza feminina nestas licenzas que representa un 39% do total.

A Xunta de Galicia partocina o Outeiro de Rei Challenger cunha achega de 10.000 euros. No evento participarán unhas cen parellas masculinas situadas no ránking mundial desde a oitava parella en adiante e haberá, aproximadamente, uns 40 xogadores galegos, o 20% do total. O secretario xeral asegurou que “ademais das mellores parellas masculinas, o ano que vén, contaremos coas mellores parellas femininas porque a Xunta aposta polo deporte para todos e para todas, plural, sen xénero nin idade”.

O mandatario galego destacou a celebración desta proba do “mellor circuíto de pádel do mundo” en Galicia por quinta vez (xa se organizaron eventos World Padel Tour en Vigo, A Coruña e Lugo) como un “fito histórico” que achegará a Galicia unhas 20.000 persoas durante toda a semana de competición. Ademais do patrocino deste grande evento, a Xunta destina neste 2019 un 9% máis ao convenio coa Federación Galega de Pádel chegando aos 37.461 euros. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre