Inicio Galicia O IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil analiza o papel da...

O IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil analiza o papel da lectura como ferramenta de equidade

0

O ciclo de conferencias, que se celebra entre o 2 e o 30 de outubro no ourensán Campus das Lagoas, está organizado pola AELG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe á tarde, no ourensán Campus das Lagoas da Universidade de Vigo, na apertura do IV Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.

Valentín García explicou que “a lectura non é só unha fonte de pracer e de entretemento, senón que serve para abrirnos as portas do coñecemento: do coñecemento da propia lingua en que está escrita, da mellora da comprensión lectora, pero tamén do acceso a información sobre xeografía, historia, bioloxía… cultura e ciencia en xeral”. Por este motivo, o secretario xeral considerou “que é fundamental animar os rapaces e rapazas a ler, recomendarlles bos libros que os enganchen á literatura e facilitarlles o acceso a textos interesantes en galego, que temos moitos e de gran calidade”.

Leer más:  El PSdeG premia a las futbolistas Vero Boquete y Paula Dapena con los V Premios de Igualdad 'Maruja Vázquez'

O titular da Secretaría de Política Lingüística, agora adscrita á Consellería de Cultura e Turismo, estivo acompañado na mesa inaugural pola decana da Facultade de Ciencias da Educación, Mar García Señorán; o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e a profesora coordinadora do ciclo, Isabel Mociño González. Tamén participou no acto a xefa territorial, María Luz Fernández.

A lectura como ferramenta de equidadeBaixo o título “A lectura como ferramenta de equidade” chega á súa cuarta edición o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que cada ano organiza a AELG en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A primeira das sesións desta edición centrada na igualdade correrá a cargo da narradora Ledicia Costas, que o 2 de outubro falará de “Luces e monstros, da realidade á fantasía”. O día 9 será a quenda de María Lado, que explicará “Como pode a litertura cambiar (un pouco) a túa vida”. Outra poetisa, Yolanda Castaño, collerá o relevo o día 16 para falar de “Chaves en letra miúda”. O 23 será a quenda de Carlos Negro coa conferencia “Versos para especies diversas (menú de aula)”. O ciclo pecharase o vindeiro 30 de outubro co relatorio “Cambiar coas palabras”, de Esther F. Carrodeguas.

Leer más:  Contratos con Eulen y servicio de rastreo de la covid, entre los documentos exigidos a Xunta en la Comisión del Congreso

Todas as sesións terán lugar ás 18.00 horas na sala multiúsos Emilia Pardo Bazán, situada no Edificio Facultades do Campus das Lagoas, en Ourense.

Colaboración coa AELGO Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil é froito do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a AELG.

A cooperación entre ambas as entidades posibilita ademais outras actividades de divulgación da literatura escrita na lingua propia de Galicia, tales como as visitas de escritores a Centros de Estudos Galegos dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, o XV Curso de Formación Continua “As literaturas infantís e xuvenís ibéricas. A súa influencia na formación lectora” ou a gravación de entrevistas para o Centro de Documentación de Escritores do web da AELG, entre outras. 


- Te recomendamos -