Inicio Galicia O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño recolle o premio...

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño recolle o premio internacional Natura Mare polo seu labor no apoio á conservación e valorización do mar

0
image_gallery.jpg


A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Covadonga Salgado, recolleu esta semana no centro de Vilaxoán o galardón internacional Natura Mare que concede a firma PriceWaterhouseCoopers Portugal para reconocer a excelencia e o mérito das persoas ou entidades que actúan a prol da conservación e valorización do medio mariño. Este recoñecemento, que foi entregado polo presidente do xurado, enmárcase nos premios Excellens Mare 2020 que concede a compañía portuguesa anualmente e enxalza o labor técnico realizado polo centro dependente da Consellería do Mar no control do medio mariño, o seu espírito de cooperación coa comunidade marítima e académica e o seu carácter como referente internacional no apoio á conservación e valorización do medio.

Esta entrega realízase despois de que en xullo se celebrase unha gala telemática e adaptada ao contexto marcado polo coronavirus para recoñecer aos premiados. Ademais do Intecmar, no resto de categorías dos premios Excellens Mare 2020, foron galardoados o príncipe Alberto II de Mónaco, a empresa PSA, a Fundaçao Gil Eannes, a Revista de Marinha, o deportista Francisco Lufinha e o instituto de investigación Inesc Tec. Á entrega destes premios engadiuse ademais a concesión de varios diplomas de Revelación Azul que destacan os proxectos de innovación e emprendemento con potencial de desenvolvemento futuro das actividades do mar. O xurado destes premios realizou o fallo tras escoitar a especialistas, asociacións e actores relevantes vencellados co mundo do mar.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre