Inicio Galicia O Instituto Galego de Estatística celebra o seu 30 aniversario afianzado como...

O Instituto Galego de Estatística celebra o seu 30 aniversario afianzado como un organismo consolidado e de prestixio

0

O IGE comezou a súa actividade con seis traballadores en 1988, e agora dispón de 64 postos, ademais doutros 30 nos órganos estatísticos das consellerías


O Instituto Galego de Estatística (IGE) realizou hoxe unha xornada de celebración do 30 aniversario do seu nacemento, na que se puxo en valor o labor deste organismo como un ente consolidado e de prestixio que realiza unha achega fundamental no eido económico e social en Galicia.

No acto de hoxe participaron o primeiro director do IGE, Ignacio Casal Lino, así como o actual director, José Antonio Campo Andión. O acto foi pechado polo conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, quen resaltou os novos retos que debe afrontar o organismo, entre eles un que considerou clave: “os rexistros administrativos e sistemas de información aproveitados como recursos estratéxicos”.

O titular de Facenda puxo como exemplo o vindeiro censo de poboación, que se vai elaborar exclusivamente a partir deles. Pero o obxectivo non debe quedar só na súa explotación estatística, senón en garantir tamén, “por norma e baixo os requisitos máis estritos de confidencialidade”, que estean a disposición do sistema estatístico, coa finalidade de que se crucen e integren para aumentar os estándares de calidade e seguir a diminuír a carga de resposta dos informantes.

Máis de 100 persoas ao servizo do institutoO Instituto Galego de Estatística comezou a súa actividade en 1988 con tan só seis traballadores, mentres que agora dispón de 64 postos de traballo. Ademais, o seu persoal compatibiliza o seu labor cos algo máis de 30 empregados públicos nos órganos estatísticos das consellerías. En consecuencia, case un cento de persoas contribúen a profesionalizar o labor estatístico da Comunidade Autónoma galega. No acto houbo un recoñecemento especial aos traballadores que seguen no IGE desde a súa creación, sen esquecer que o traballo que desenvolve o instituto non sería posible sen a complicidade de miles de galegos e galegas que coas súas respostas aos cuestionarios do IGE “fan posible a elaboración de estatísticas como as evolucións da poboación, da economía, da saúde, ou do mercado laboral”, sinalou o conselleiro.

Ademais, o conselleiro aproveitou a ocasión para recalcar as vantaxes de contar cun sistema estatístico público e propio, entre elas a garantía de segredo estatístico dos datos que se declaran, a garantía de independencia e capacidade profesional da autoridade estatística ou o acceso igualitario e gratuíto a toda a información difundida.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre