Inicio Galicia O Instituto Galego da Vivenda e Solo sortea catro vivendas de promoción...

O Instituto Galego da Vivenda e Solo sortea catro vivendas de promoción pública no concello de Santiago de Compostela

0

A lista de adxudicatarios provisionais e de reservas está publicada na web do IGVS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de realizar o sorteo de catro vivendas de promoción pública propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e emprazadas no concello de Santiago de Compostela. Dúas destas vivendas dispoñen de catro dormitorios e as outras dúas, están dotadas de tres e dous dormitorios, respectivamente.

O sorteo realizouse entre todas persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda, e nestes momentos xa está publicada a lista de adxudicatarios provisionais e de reservas na web oficial do IGVS.

A partir deste momento, persoal do IGVS iniciará o procedemento de revisión da documentación presentada tanto polos adxudicatarios como polos demandantes que figuran como reservas antes de proceder á elaboración do listado definitivo de persoas ás que se lles outorgarán estas catro vivendas. A partir desta lista, iniciarase o procedemento para proceder á entrega das vivendas aos beneficiarios.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre