Inicio Galicia O INE amosa que Galicia acada as mellores cifras de turismo da...

O INE amosa que Galicia acada as mellores cifras de turismo da súa historia tras subir un 5,6% máis que a media estatal

0

A Comunidade supera por primeira vez as 9 millóns de pernoitas entre xaneiro e setembro e suma máis de 4,1 millóns de viaxeiros a falta dun trimestre


Durante os nove primeiros meses do ano Galicia recibiu máis de 4,1 millóns de viaxeiros que realizaron máis de 9 millóns de pernoitas, o que supón a cifra máis elevada da serie histórica. Así se desprende dos datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que amosan incrementos na nosa Comunidade moi superiores aos acadados a nivel estatal. En concreto, mentres a demanda sube en toda España un 0,9%, en Galicia medra un 6,5%, 5,6 puntos máis. As cifras do INE sinalan que ata setembro se aloxaron en Galicia 224.000 viaxeiros máis que hai un ano e realizaron preto de 550.000 noites máis. Isto propicia que a nosa Comunidade supere por primeira vez o 9 millóns de pernoitas neste período. En relación ao resto de autonomías, Galicia e Navarra encabezan os destinos con incrementos máis intensos.

Por tipoloxía de aloxamentos, o INE informa de que en Galicia todas as modalidades están a obter resultados positivos tanto en número de turistas como en pernoitas. A demanda nos hoteis incrementouse no que vai de ano un 5,5%, nas pensións un 8,9%, nos apartamentos turísticos un 15,7%, nos cámpings un 6% e no turismo rural preto dun 5%.

Por mercados, o turismo internacional gaña peso no acumulado do ano. De feito, é a primeira vez que entre xaneiro e setembro, o mercado estranxeiro supón aproximadamente o 24% do total dos viaxeiros que visitan Galicia. Tamén o mercado nacional medra un 5,3%.

Máis tempo e competitividadeO INE tamén revela un positivo comportamento noutros indicadores como a estadía media. Continúa a aumentar o tempo que os turistas pasan en Galicia. O incremento, de case un 1%, leva esta variable ata a cifra na máis elevada dos últimos sete anos.

Ademais, as tarifas hoteleiras melloraron no período analizado polo INE. En concreto medraron un 1,8%, facendo que tamén melloren os niveis de rendibilidade hoteleira, que sobe neste caso máis dun 6%, acadando a cifra máis elevada da década.

Os ingresos totais do sector hoteleiro subiron un 8,3% no acumulado a setembro deste ano, xerando máis de 253 millóns de euros. É a cifra máis elevada desta década.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre