Inicio Galicia O IGVS adxudica tres vivendas de promoción pública nas rúas Real 25...

O IGVS adxudica tres vivendas de promoción pública nas rúas Real 25 e Cruz Verde 12 no Casco Vello vigués

0
image_gallery.jpg

A delegada da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Marta Fernández-Tapias, acentúo a intensa labor desenvolvida nos últimos anos polo ente


A delegada da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Marta Fernández-Tapias, deu hoxe apertura ao sorteo de tres vivendas de promoción pública na fase final de adxudicación por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

En total, 84 persoas aspiraban á adquisición das tres vivendas en liza, a situada no segundo piso da rúa Real 25, e as dúas vivendas rehabilitadas no edificio que ocupa a promoción Cruz Verde 12, impulsadas polo consorcio.

O sorteo, celebrado a porta pechada por mor da Covid-19 e ante notario como é preceptivo, permitiu establecer a orde na que os solicitantes admitidos optan a cada unha das tres vivendas. A resolución poderase consultar na páxina web do IGVS.

Neste contexto, a presidenta do organismo rehabilitador non desaproveitou a ocasión para acentuar a intensa labor desenvolvida nos últimos anos polo Consorcio Casco Vello de Vigo (participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello) que se traduce na adquisición de 82 inmobles, nos que se rehabilitaron 108 vivendas e 33 locais.

Segundo dixo, a política da Xunta nesta materia vén a cubrir unha carencia manifesta na cidade co maior número de demandantes de vivenda en Galicia, unha situación que se viu agravada pola anulación xudicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que mantén o urbanismo de Vigo nun limbo cinco anos despois.

Fronte a esta situación, Fernández-Tapias sinalou que as contas autonómicas para o 2021 reflicten unha aposta decidida neste ámbito, destinando a vivenda na cidade máis de 12,5 millóns de euros.

Así, tras pór en valor o esforzo inversor do Executivo autonómico, detallou que unha dotación de 8 millóns de euros destinarase á expropiación de terreos e obras de urbanización da ampliación do Polígono de Navia. Suporá así, dixo, o impulso urbanístico definitivo do polígono 1, cuxas obras licitaranse ao longo do 2021, ano no que está previsto a comercialización das primeiras parcelas. Ao fío, Fernández-Tapìas celebrou que o Concello vigués finalmente aprobara o plan parcial o pasado xullo xa que permitirá arrancar coa construción das 1.600 novas vivendas públicas, aínda que lamentou que non o fixera antes. Neste sentido, recordou que estivo paralizado dous anos polo Goberno municipal.

O investimento previsto pola Xunta en San Paio de Navia ata o 2024 ascende a 30 millóns de euros.

Por outra banda, incidiu en que este ano o Goberno galego volve a duplicar o investimento do Consorcio Casco Vello de Vigo con respecto ao actual exercicio, incluíndo nos orzamentos do 2021 unha partida de 3,18 millóns de euros.

Asemade, inclúense un total de 1,34 millóns de euros para o remate da construción das 62 vivendas de promoción pública; 26 na rúa Canicouva e 36 en Ignacio Grobas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre