Inicio Galicia O Igafa acollerá mañá unha xornada sobre as algas e os seus...

O Igafa acollerá mañá unha xornada sobre as algas e os seus usos

0

O centro dependente da Consellería do Mar acolle esta iniciativa a partir das 10:00 horas


O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) da Consellería do Mar acollerá mañá a partir das 10:00 horas a xornada As algas e os seus usos. Esta iniciativa ten como obxectivo divulgar entre o alumnado e o profesorado do centro e o sector marisqueiro e empresarial da contorna, a importancia das macroalgas como recurso económico e as súas perspectivas de futuro. Tamén busca ser un foro de debate entre o ámbito educativo e o profesional sobre as algas e os seus múltiples usos.

Así, a xornada contará cunha conferencia inicial do profesor da Universidade da Coruña, Javier Cremades, sobre a bioloxía das algas e a súa importancia en acuicultura. Tamén incluirá dúas mesas redondas e unha actividade de divulgación gastronómica. A ela asistirá a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

A primeira mesa redonda da xornada tratará sobre extracción e transformación das algas para alimento humano e nela participarán representantes da Confraría da Illa de Arousa e das empresas Portomuíños e Algamar. A segunda mesa redonda será sobre a experiencia de diferentes empresas no uso industrial das algas como aditivos na industria cosmética e alimentaria e como suplementos para a alimentación animal. Nela participarán representantes de Lacteal, de CEAMSA e de Iuvenor Lab.

Leer más:  La asamblea del PSOE de Vigo propone a Gonzalo Caballero como candidato gallego a las europeas

Ademais, ás 12:30 horas, contarase coa presenza de Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau do Grove, para falar das algas na gastronomía e, xunto con Jorge Sánchez, do CIFP Carlos Oroza, e Eulogio Rosales, do IES Montecelo de Pontevedra, presentará o proxecto O papel de algas aplicado na cociña.

Por último, na clausura da xornada, que será a partir das 17:30 horas, presentarase a guía Macroalgas das costas de Galicia. A colección do IGAFA, que recolle as fotografías das 79 especies de algas prensadas que o centro mantivo en exposición desde o pasado 26 de abril.


- Te recomendamos -