Inicio Galicia O Ies Val Miñor (Nigrán) recoñece a Ana Ulla Miguel co premio...

O Ies Val Miñor (Nigrán) recoñece a Ana Ulla Miguel co premio Muller Científica 2020

0

Carmen Pomar destacou a necesidade de máis referentes femininos neste eido

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou hoxe no acto de entrega do III Premio Muller Científica no IES Val Miñor (Nigrán) á astrofísica Ana Ulla Miguel. A titular do departamento educativo da Xunta de Galicia lembrou que as universidades e os laboratorios están cheos de mulleres, pero que aínda son precisos “moitos máis referentes femininos para demostrar que o xénero non é impedimento para que as rapazas sexan tan boas matemáticas, científicas e tecnólogas como os seus compañeiros”.“En todos os sistemas educativos europeos a promoción das vocacións STEM é prioritaria, así como avanzar na ruptura da fenda de xénero. A Consellería de Educación comparte esa vontade de promover as vocacións científico-tecnolóxicas, que están a permitir que Galicia medre como sociedade do coñecemento”, explicou. Aínda así destacou que é imprescindible a implicación de toda a comunidade educativa neste sentido.

A galardoada é astrofísica, profesora no Departamento de Física aplicada da Universidade de Vigo e investigadora de prestixio internacional. Ao longo da súa traxectoria participou en varias iniciativas que vinculan a promoción das achegas das mulleres no ámbito da astronomía e a difusión da ciencia entre grupos de alumnado de diversos niveis. Nas dúas anteriores edicións deste galardón recoñeceuse o traballo da bióloga Iria González Vasconcellos e da científica África González. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre