Inicio Galicia O grupo de traballo dos Camiños de Santiago avanza na coordinación entre...

O grupo de traballo dos Camiños de Santiago avanza na coordinación entre a Xunta e o Goberno central de cara ao Ano Santo

0
image_gallery.jpg

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto co secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, na reunión deste grupo co obxectivo de seguir a traballar “no mellor dos Xacobeos posibles” pese a crise sanitaria da covid-19


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe xunto co secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés Verelst, na reunión do grupo de traballo dos Camiños de Santiago, no que están representadas as comunidades autónomas, co obxectivo de avanzar na coordinación entre a Xunta e o Goberno central de cara ao Ano Santo. Á reunión tamén asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

No encontro, Alfonso Rueda destacou que pese a que non será o Xacobeo previsto antes da crise sanitaria da covid-19, a Xunta seguirá a traballar para que sexa “o mellor dos Xacobeos posibles”. Nesta liña, incidiu en que o Goberno galego está a poñer en marcha tódalas medidas, pese ás restricións sanitarias, co obxectivo de que Galicia continúe situándose como destino seguro e conte cun Camiño Seguro, que permita aos visitantes e peregrinos viaxar á comunidade con tódalas garantías sanitarias.

Ademais, sinalou a importancia de reactivar a peregrinación tendo en conta que o Camiño de Santiago e, en concreto o Xacobeo 2021, supoñen importantes pilares de impulso económico tras a crise sanitaria.

Na reunión de hoxe deste grupo de traballo participaron representantes de turismo das comunidades autónomas de Asturias, País Vasco, Cantabria, Andalucía, A Rioxa, Murcia, Comunidade Valenciana, Castela- A Mancha, Canarias, Navarra, Estremadura, Comunidade de Madrid, e Castela e León, así como membros do Consello Xacobeo, no que están representadas as autonomías polas que pasa o Camiño de Santiago.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre