Inicio Galicia O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo...

O grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo celebra a súa primeira reunión

0
image_gallery.jpg


O grupo de expertos dos ámbitos cultural, a arte e a xurisdición civil, penal e eclesiástico para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo mantivo hoxe a súa primeira reunión para comezar a estudar as últimas evidencias en torno ás figuras, defender a súa protección patrimonial e valorar accións conxuntas para a súa reintegración no patrimonio público seguindo unha folla de ruta consensuada como se fixo no caso do Pazo do Meirás. Ao inicio do encontro, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, saudaron aos especialistas participantes e agradeceron que aceptaran formar parte deste grupo cuxa composición foi acordada por ambas institucións.

O equipo está presidido polo profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago (USC) Emilio Grandío Seoane. Como expertos do ámbito da xurisdición civil e penal participan os letrados da Asesoría Xurídica da Xunta Isabel Novo Castro e Guillermo Folgueral Madrigal, o exdirector da Asesoría Xurídica do Concello de Santiago Xoaquín Enrique Monteagudo, o actual director, Manuel Cutrín, e o catedrático de Dereito Civil da Universidade da Coruña (UDC), José Manuel Busto Lago. Do eido cultural e artístico, forman parte o director de Proxectos Culturais e Artísticos do Real Colexio Complutense de Harvard, Francisco Prado-Vilar, e o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo. Ademais, intégrase neste grupo Javier Suárez en representación da Avogacía do Estado. A función da Secretaría está exercida pola xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre